Arquivo da etiqueta: Oficina cultural

II edición do DocDoMes

Por segundo ano consecutivo, a oficina  cultural da Vicerreitoría do campus de Ourense da Universidade de Vigo, programa coa colaboración do Cineclube Padre Feijoo, unha programación de documentais do festival de documentais de Barcelona, os xoves, ás 19:30 horas (de balde) coas seguintes datas:

.

  • 30 de xaneiro de 2020

.

«Svideteli Putina» As testemuñas de Putin

· (Letonia-Suíza-República Checa, 2018) 102 min. [ND] VOSE

Imos ao último día de 1999, cando o ex líder do Servizo Federal de Seguridade (FSB), o primeiro ministro Vladimir Putin, subiu á presidencia de Rusia. Vitaly Mansky desenvolve a súa película con testemuños do acontecido nos anos posteriores a ese día de decembro.

Premios
2019: European Film Awards: nomeado a Mellor documental
2018: Karlovy Vary: Mellor documental

Ten todo para ser un dos documentais máis incendiarios destes anos … é unha aparencia íntima como poucos para a xestión política dese país
(Diego Lerer, MICROPSIACINE.COM)

.
  • 27 de febreiro de 2020

 

Chris, The Swiss

Chris, o suízo

Anja Kofmel (Suíza – Croacia – Alemaña – Finlandia, 2018) 90 min. [SC] VOSE

Pasaron máis de vinte anos desde que Chris, un xornalista suízo e curmán do director, morreu na guerra de Iugoslava en 1992. O feito aínda estraña á directora, Anja, que descubriu que cando atoparon o corpo, Chris levaba o uniforme dun grupo mercenario internacional. Tentando descubrir que pasou co seu curmán e cal foi o seu papel no conflito armado, Anja decide viaxar a Croacia para contar a súa historia.

Premios

2018; Semana da Crítica – Festival de Cannes

2018; Festival de Cine de Locarno

2018; Festival de Cine de Sevilla

“As súas animacións son especialmente adorables” (Jessica Kiang, Variety)

 

.

  • 26 de marzo de 220

 

Cachada: The Opportunity

Cachada

Marlén Viñayo (O Salvador, 2019) 82 min. [SC] VO

Magaly, Wendy, Magda, Ruth e Chileno gañan a vida como todas as mulleres das súas familias fixeron durante xeracións: vendendo nas rúas e mercados de San Salvador. Porén, decidiron emprender, xunto coa actriz e directora Egly Larreynaga, unha aventura moi inusual: formar unha compañía de teatro e escenificar as súas crueis historias de vida. O que comezou como un experimento converteuse na posibilidade de cambiar as súas vidas, pero serán quende afrontar o seu pasado e superar os seus medos, traumas e segredos?

 

.

  • 30 de abril de 2020

.

 

  • 28 de maio de 2020

.

 

  • 11 de xuño de 2020

.