Arquivo da etiqueta: Igualdade

A palabra xusta

Coa colaboración da Concellería de igualdade do Concello de Ourense*, dentro das actividades con motivo do 8 de marzo, prográmase na Boblioteca pública de Ourense, ás 20:30 horas (de balde):

  • 15 de marzo

tita

A palabra xusta
Miguel Piñeiro (España, 2016) 71 min.

Unha mestra e pedagoga de 92 anos regresa a unha casa parada no tempo. Alí Antía Cal Vázquez “Tita” inicia unha conversación cos seus recordos, as imaxes dunha vida atrapadas en vellas fotografías, a paisaxe de montaña que rodea a casa e a memoria do amor da súa vida, Antonio Beiras.


  • colabora o Cineclube Padre Feijoo

 

 

“Sonita”no día internacional contra a violencia de xénero

Dentro das actividades municipais, contra a violencia de xénero, temos a honra de programar *, na Biblioteca pública de Ourense, con entrada de balde:

  • martes, 29 de novembro de 2016, ás 20:30 h.

.

SONITA

(Irán, 2015) 91 min. #VOSE

Rokhsareh Ghaem Maghami

.

sonita

 

.

Sonita, unha moza afgana de 18 anos, entrou en Irán sen papeis e búscase a vida nos suburbios de Teherán. O seu espírito novo, enérxico e vital faille loitar polo soño de converterse en cantante de rap, malia a forte oposición da súa familia. A paixón pola música choca cos plans da súa nai, que quere casala a cambio de diñeiro e que ata xa puxo prezo á noiva: 9.000 dólares.

.

Premios

2015: Festival de Sundance: Mellor documental (World Cinema) e Premio do público
2016: Documenta Madrid: Premio do Público

.
Un documental intrigante e conflictivo – a moitos niveis – que debería provocar un debate entre os profesionais e un enorme grao de simpatía entre o público

(Fionnuala Halligan, Screendaily)

.

A DIRECTORA

Rokhsareh Ghaemmaghami naceu en Iran e estudou cine e animación na Tehran Art University. Os seus ensaios de investigación están incluídos no libro, Animated Documentary: A New Way to Express publicado en persa en 2009. Os seus traballos documentais inclúen Pigeon Fanciers (2000), A Loud Solitude (2010), Born 20 Minutes Latexa (2010), Going Up the Stairs (2011) e o documental de animación Cyanosis (2007).

A directora, implícase personalmente no futuro de Sonita e a súa intervención fainos reflexionar sobre a posición dos cineastas en relación aos protagonistas das súas películas.

Un retrato fascinante dunha moza en plena explosión creativa, que contrasta coa falta de liberdade da sociedade onde lle tocou vivir.

.
A PROTAGONISTA

A través das súas cancións e videoclips de baixo orzamento descubrimos unha artista carismática, decidida a falar da dura realidade que a rodea cunha honestidade sobrecolledora. Como pode liberarse dunha contorna represiva e vivir a vida que desexa?

O éxito en YouTube do videoclip “Brides for Sale”, canción inspirada na súa loita, abre unha porta á esperanza de cambiar o seu destino.

Tráiler SONITA en Ourense


* Coa colaboración de DocsBarcelona

 

.