Arquivo da etiqueta: Día internacional da muller

MULLER (ES) MULLER

Dentro das actividades que realiza Igualdade do Concello de Ourense, e á proposta da produtora SocialDocs, nas que colabora o cineclube, proxéctase o martes 12 de abril de 2016, na Biblioteca pública ás 20:30 h. (de balde):
.
MULLER (ES) MULLER
(2013, España) de Inés Pintor
.
muller_es_muller_documental_ines_pintor
.
Seis avóas, seis nais e seis netas, tres xeracións de mulleres onde cada unha contén moito das outras.
.
“Iso son cousas da avóa” “Agora os tempos cambiaron moito, demasiado diría eu”.
¿Que distancia ás mulleres que din estas frases?¿ Que ocorreu neste tempo que as separa?
.
Participan entre outras, Yolanda Castaño, Chus Pato, Alba Soleto, María Reimondez,etc.
.
.

“No camiño” para o día internacional da muller (2015)

Como en anos anteriores,O Centro de información municipal ás mulleres (CIMM) da área de igualdade do Concello de Ourense, propúxonos colaborar coa proxección dun filme. Neste caso o filme elixido, é unha producción de Bosnia Herzegovina, que proxectaremos na Biblioteca pública de Ourense, o próximo día 10 de marzo ás 20:30 horas. (Entrada de balde) Seguir lendo “No camiño” para o día internacional da muller (2015)