Arquivo da etiqueta: Concello de Ourense

Proxeccións arredor do 8M de 2022

Dentro das actividades que organiza o CIMM do Concello de Ourense, para o  8M  proxectaremos de xeito extraordinario, no salón de actos da Casa da Cultura (Rúa Concello núm.11) ás 20:30 horas, os seguintes filmes con entrada de balde:

  • Xoves 10 de marzo de 2022

HIVE (Colmea)
Blerta Basholli · (Kosovo, 2021) 84 min. 

O marido de Fahrije está desaparecido desde a guerra de Kosovo. Ela monta o seu propio pequeno negocio para manter aos seus fillos, pero mentres loita contra unha sociedade patriarcal que non a apoia, enfróntase a unha decisión crucial.

Premios
2021 : Festival de Cine de Sundance: 3 premios, incl. Premio do xurado – Mellor película (cine mundial)
2021 : Valladolid Film Festival – SEMINCI: Mellor actriz (Yllka Gashi)

Unha obra moi directa…especialmente ten momentos cun cru poder emocional
(Jessica Kiang, Variety)


  • Martes 15 de marzo de 2022

HERSELF
Phyllida Lloyd · (Irlanda, 2021) 97 min. Cor. RA 2.39:1 [ND] VOSE

O marido de Fahrije está desaparecido desde a guerra de Kosovo. Ela monta o seu propio pequeno negocio para manter aos seus fillos, pero mentres loita contra unha sociedade patriarcal que non a apoia, enfróntase a unha decisión crucial.

Premios
2021 : Festival de Cine de Sundance: 3 premios, incl. Premio do xurado – Mellor película (cine mundial)
2021 : Valladolid Film Festival – SEMINCI: Mellor actriz (Yllka Gashi)

Unha obra moi directa…especialmente ten momentos cun cru poder emocional
(Jessica Kiang, Variety)

Filmes para o 25 N do 2021

A petición da Concellería de igualdade do Concello de Ourense, proxectaremos ás 20:30 horas na Casa da cultura, con entrada de balde, os seguintes filmes propostos polo cineclube e o prace do CIMM:

.

martes 30 de novembro

THE PERFECT CANDIDATE / A CANDIDATA PERFECTA

Haifa Al-Mansour (Arabia Saudita, 2019) 101 min. [ND] VOSE

Unha muller está obrigada a retroceder nun aeroporto por mor do seu gardián masculino, cuxos papeis non están en orde. Motivada por este feito, decide iniciar unha campaña para loitar contra as regras machistas que prevalecen en Arabia Saudita en relación ao comportamento social e a influencia da familia sobre decisións importantes e que deberían ser unipersoais. 

Premios
2019: Festival de Venecia: Competición Oficial

Apaixoado e teimoso, o filme conquístanos de inmediato. Canto máis pensemos nela, mellor semella esta fórmula
(Xan Brooks, THE GUARDIAN)

.

Xoves 2 de decembro 2021

EL CÍRCULO / O CÍRCULO

Iván Roiz e Álvaro Priante (España, 2020) 73 min. [ND] VOE

“O círculo” é un proxecto sobre a crise da masculinidade. Un grupo heteroxéneo de persoas reúnense ao redor dun círculo para falar sen censuras desde o máis profundo, con todas as luces e as sombras. Tan só teñen unha cousa en común: son homes. En cada unha destas sesións, cada un deles conta a súa experiencia en primeira persoa desde o seu punto de vista masculino.