O Iltre. Colexio de médicos de Ourense organiza o 8º ciclo de cine, que vaise a desenvolver entre marzo e decembro de 2023, ás 19:30 horas no salón de actos da Casa da cultura, onde estaba a Biblioteca (Rúa Concello,11 de Ourense), cunha pequena introducción antes de cada filme e o posterior debate, co seguinte programa:
martes, 7 de marzo de 2023
Contagion
Contaxio

Steven Soderbergh (EUA-EAU, 2011) 106 min. Cor. Dolby dixital. RA 1,85:1 [+12] VOSE
De súpeto, sen saber cal é a súa orixe, aínda que todo fai sospeitar que comeza coa viaxe dunha norteamericana a un casino de Hong Kong, un virus mortal comeza a propagarse por todo o mundo. En poucos días, a enfermidade empeza a diezmar á poboación. O contaxio prodúcese por mero contacto entre os seres humanos. Un thriller realista e sen efectos especiais sobre os efectos dunha epidemia. “Está chea de matices, desdeña o sensacionalismo e as trampas para enganchar a un público masivo. A min inquiétame, transmíteme a angustia e o medo que senten os personaxes, empápame esa atmosfera de desolación” (Carlos Boyero, El País)
.
martes, 11 de abril de 2023
Solas
Soas

Benito Zambrano (España, 1999) 98 min. Cor. Dolby dixital. AR: 1,85:1 [+7] VOE
María (Ana Fernández) malvive nun escuro apartamento dun barrio miserable, traballa eventualmente como moza da limpeza e, case con corenta anos, descobre que está embarazada dun home que non a ama. A súa soidade é tan grande que só atopa consolo na bebida. A súa nai (María Galiana), que consumiu a súa vida á beira dun home violento e intolerante, non ten nin sequera o consolo de tela preto. Con motivo do ingreso do seu marido nun hospital, a nai visita a María no seu apartamento e coñece a un veciño viúvo (Carlos Álvarez) que vive co seu can. A relación que se establece entre estes tres náufragos alivia as súas soidades e deixa unha porta aberta á esperanza.
Premios
1999: Festival de Berlín: Premio do Público
1999: 5 Goyas: incluíndo mellor dirección novel e guión orixinal. 11 nomeamentos
2000: Premios Ariel: Mellor película iberoamericana
“Sobrio, duro e cativador drama sobre a soidade, a pobreza e os soños afogados en alcol. Zambrano, no seu barato e humilde debut, conquista a crítica e público cunha mostra excelente do cinema español de final de século que foi, ademais, o paradigma do éxito “boca a boca”, axudado do respaldo do premio do público do festival de Berlín” (Pablo Kurt, FilmAffinity)
.
martes, 2 de maio de 2023
Hors normes
Especiais

Olivier Nakache e Eric Toledano (Francia-Bélxica, 2019) 108 min. Cor. AR: 2,35:1 [+7] VOSE
Bruno e Malik son dous amigos que durante vinte anos viviron nun mundo diferente: o dos nenos e adolescentes autistas. A cargo de dúas organizacións sen ánimo de lucro, forman a mozos para que sexan coidadores de casos extremos. Desta forma crean unha asociación excepcional, fóra das contornas tradicionais, para unhas persoas extraordinarias.
Premios
2019: Festival de San Sebastián: Premio do público
“Olivier Nakache e Eric Toledano narran moi ben en ‘Especiais’ o drama do autismo máis severo e menos pacífico (…) un universo moi duro que Toledano e Nakache abordan con realismo, con sentimento, sen adozalo” (Carlos Boyero, El País)
.
martes, 3 de outubro de 2023
Mitt liv som hund (My Life as a Dog)
A miña vida coma un can

Lasse Hallström (Suecia, 1985) 101 min. Cor. Mono. Ar: 1,66:1 [A] VOSE
Narra a odisea dun neno de doce anos a quen o abandono paterno e a enfermidade da súa nai conducen a un pequeno pobo do interior do país. Unha amarga crónica da infancia, baseada en feitos reais, encomiada pola crítica do mundo enteiro.
Premios
1987: Globos de Ouro: Mellor película de fala non inglesa
“Excelente” (Luís Martínez, El País)
.
martes, 7 de novembro de 2023
Yoidore Tenshi
O anxo borracho

Akira Kurosawa (Xapón, 1948) 102 min. B&N. AR: 1,37:1 [+18] VOSE
Sandada (Takashi Shimura) é un médico cun carácter moi peculiar, que vive atormentado polo que puido ser a súa vida e non foi afogando as súas penas en alcol, aínda que a pesar de todo, exerce o seu labor cunha dedicación case absoluta nun barrio periférico do Tokio de postguerra, onde a mafia impón a súa lei nas rúas. Un bo día, o doutor recibe a altas horas da noite a un home (Toshirô Mifune) enfermo de tuberculose que lle pide que lle cure unha ferida. A partir deste intre iniciarase unha estraña relación entre ambos
.
martes, 12 de decembro de 2023
Michel Petrucciani

Michael Radford (Francia-Alemaña-Italia, 2011) 102 min. Cor-B&N. AR: 1,85:1 [A] VOSE
Documental biográfico sobre o pianista francés Michel Petrucciani (1962-1999). Afectado por unha osteoxénese imperfecta, Petrucciani supera a súa discapacidade física para converterse nun artista de talento e fama internacional. Neste documental que retrata ao músico a través de entrevistas e imaxes de arquivo, Michael Radford busca comprender a natureza da creatividade.
.