Arquivo da etiqueta: 2017

Deserto líquido

O grupo local de Greenpeace, coa colaboración do cineclube e a Biblioteca pública, organiza para o próximo xoves 15 de xuño ás 18 horas, de balde, a proxección do seguinte filme documental:

 

  • 15/06/2017

Desierto líquido (Deserto líquido)

Alba Azaola e Daniel Carrasco (España, 2016)  69 min. #VOSE

418208_Cartel-Desierto-lAquido

Transformamos o mar nun deserto líquido, mentres desaparece a pesca artesanal e sostible. Ademais, África alimenta a Europa mediante acordos que provocan desigualdades e migracións. Importamos peixe, expulsamos persoas.

Gravado en España, Mauritania e Senegal,  DESERTO LÍQUIDO analiza algúns problemas da sobrepesca relacionados coa esquilmación do recurso e o ciclo perverso que hai  arredor.

…………………

 

Ver tráiler [YouTube]

 

 

 

 

 

Os fenómenos

Dentro das actividades arredor do 8 de mazo, que realiza a Área de Igualdade do Concello de Ourense, nas que colabora o cineclube, proxéctase o martes 14 de marzo de 2017, na Biblioteca pública ás 20:30 h. (2 euros):
.
LOS FENÓMENOS (OS FENÓMENOS)
Alfonso Zarauza (2014, España) 99 min.
.
.
los-fenomenos-g1
 .
 Unha muller que vive desde fai tres anos nunha furgoneta aparcada na costa de Almería, ve como a súa parella desaparece precisamente o día en que ía empezar a traballar. Recollidos os bártulos, regresa co seu bebé ao seu pobo natal, Ferrol, na Coruña. Ao principio, ten enormes dificultades para atopar traballo, pero acaba conseguindo un posto de peón de albanel. Superada con coraxe a dureza do oficio, pronto a súa cuadrilla empeza a destacar entre as demais pola súa extraordinaria capacidade de traballo.
.

Premios2014: Festival de Málaga: Sección oficial a concurso

 “Extraordinaria Lola Dueñas (…) bo adhesivo coa realidade”

(Oti Rodríguez Marchante, ABC)

.