“Pelo malo” no día internacional LGBT

A tradicional mirada de integración da Concellería de Igualdade, volta con orgullo arredor do cine LGBT, coincidindo co día internacional que aproveitaremos, para  proxectar de xeito extraordinario, na Biblioteca pública de Ourense, o próximo filme, con entrada de balde:

  • mércores 24 de xuño de 2015

.

PELO MALO

(201 ,Venezuela) min.

Mariana Rondón

peloMalo

Junior é un neno de nove anos que ten o pelo rizado. El quere alisárselo para a foto do anuario da escola, pois así o levan os cantantes pop que están de moda. Esta circunstancia lévao a enfrontarse coa súa nai. O que Junior quere é poñerse guapo para que a súa mamá quéirao, pero ela rexéitao cada vez máis.

.
Premios
2013: Festival de San Sebastián: Cuncha de Ouro – Mellor Película
2013: Festival de Mar de Prata: Mellor director, Mellor guión
2013: Festival da Habana: Premio Mención do xurado
.

———–

CARTAZ POZA

“#OligopolyOFF”

Este xoves 7 de maio de 2015, na  Biblioteca pública  de Ourense [?]  ás 20:30 horas (de balde), coincidindo con case un centenar de sitios en España, e por medio da asociación ecoloxista Amigos da terra ( integrante da plataforma  por un “Nuevo Modelo Energético” que é impulsora deste proxecto audiovisual) e coa compañia en Ourense, de Som Energia, e o propio cineclube, proxectaremos en estrea simultánea, o documental de Alba del Campo “#OligopolyOFF” oligopoly_cartaz_adt-2 “#OligopolyOFF: Empieza la revolución energética ciudadana”, presenta en apenas 90 min., unha análise da realidade enerxética e as alternativas cidadás para un novo modelo democrático, cidadán e sustentable. O documental financiouse colectivamente, por máis de 600 persoas. .

.

30 anos de compromisos insuficientes contra o cambio climático evidencian que non estamos diante dun problema ténico ou tecnolóxico, senón baixo  o imperio dunhas compañías que, como di o cantante Kiko Veneno no documental, son capaces de destruír o planeta con tal de seguir sendo donas dél?. .

.

#OligopolyOFF divídese en tres capítulos. Viaxa desde o problema da pobreza energética, a través dos distintos conflitos que xera a actual política enerxética no territorio español, ás alternativas cidadás que están a se artellar  por avanzar na necesaria transición renovable e a democratización da enerxía. Ambas van da man. . As prospeccións  de Canarias, o fracking, a construción dun cemiterio nuclear en Villar de Canas, Cuenca, os recortes ás renovables, o proxecto Castor, en Castellón ou o agasallo de 3.400 millóns ás eléctricas por parte do PP e do PSOE, puxeron a política enerxética sobre a mesa. E alí onde as empresas de hidrocarburos ven “oportunidades de negocio”, ou as eléctricas defenden os seus “beneficios lexítimos”; a cidadanía ve perigar a auga potable, a calidade da súa terra, o aire, o seu acceso á enerxía, o seu emprego, a viabilidade dos seus negocios. .

.

E é que “como vai ser máis eficiente quentar a auga da ducha con gas que vén de 4.500km, que co sol e unha placa que estea a 5 metros da túa ducha?, pregunta Manel Rivero a uns alumnos de instituto…talvez, despois de ver o documental, xurdan máis preguntas que ningún gobernante sexa capaz de contestar… .

.

——-

+info:   Amigos da terra  |  Plataforma “Nuevo modelo energético” .

Post data:  A raíz do programa Salvados “O xogo da enerxía” de Jordi Évole (2011), no que trataba o tema da suba da luz, La Sexta recibíu unha chea de presións das eléctricas, con amezas a anulación da publicidade na citada canle, para que non se emitira o programa. Pola importancia, relevancia.. e sobre todo grazas ao efecto Streissand, tes  aqui á enteira túa disposición, o citado programa como antecedente á problemática sobre o oligopolio dun ben primario e esencial.

Ourense estrea: A última viaxe do afiador

Dentro da nova sección que ofrece o cineclube, para dar  visibilidade a produccións locais “Ourense estrea”, vimos de acordar coa produtora Boneca Lareta, para que presente no salón de actos da Biblioteca pública, a última obra audiovisual do ourensán Aitor Rei.

Será  en duas sesións, coa presenza do director, ás 20:30 e 23 h. (3 euros)

  • martes, 31 marzo de 2015

A ultima viaxe do afiador

A ÚLTIMA VIAXE DO AFIADOR

(2013, Gal/España) 70 min.

Aitor Rei

“Queicoa”, significa en Barallete, a lingua dos afiadores; Deus, heroe, loitador, ser grande, mítico. Dende hai máis de tres séculos ata os nosos días, aos vellos afiadores de moita sona, moitos camiños e milleiros de quilómetros as suas costas, chámanlles“Queicoas”.

Eran homes bravos, duros, curtidos de traballar nos campos dunha das zonas máis probes de Europa. Por iso as montañas galaicas cuspíanos ao mundo en viaxe a ningunha parte e coa única compaña do xirar dunha roda.

Se camiñaban, soñaban.
Se afiaban, vivían.
Se paraban, perecían.

Esta é a súa historia e estos son os seus rostros…

……………………………..

Entrevista ao director (Magazine cultural galego)

“No camiño” para o día internacional da muller (2015)

Como en anos anteriores,O Centro de información municipal ás mulleres (CIMM) da área de igualdade do Concello de Ourense, propúxonos colaborar coa proxección dun filme. Neste caso o filme elixido, é unha producción de Bosnia Herzegovina, que proxectaremos na Biblioteca pública de Ourense, o próximo día 10 de marzo ás 20:30 horas. (Entrada de balde) Seguir lendo “No camiño” para o día internacional da muller (2015)

Cine en OciOurense (2015)

Organizamos para a Concellería de sanidade do Concello de Ourense, un programa para o periodo que vai de marzo a maio,  de cine, englobado nas actividades alternativas para a mocidade “OciOurense“.

Será  na Biblioteca pública de Ourense, cada dous sábados de mes, en sesión gratuíta e nun único pase ás 18 horas.

A programación na que colabora o cineclube, sigue a continuación.

Seguir lendo Cine en OciOurense (2015)

Outras actividades nas que colabora o cineclube