Arquivos da categoría Saúde

“Theo e Hugo, París 5:59” no día da loita contra o VIH-SIDA

En colaboración co Comité cidadán antisida de Ourense, e a Concellería de saúde do Concello de Ourense, prográmase no Día internacional da loita contra o VIH-SIDA, no cineclube; na Biblioteca pública de Ourense, con entrada de balde:

.

  • Xoves, 1 de decembro de 2016, ás 20:30 h.

.

Théo et Hugo dans le même bateau

THEO E HUGO, PARÍS 5:59

(Francia, 2015) 97 min. #VOSE

Olivier Ducastel e Jacques Martineau

theohugo1

.

Nun club de sexo, os corpos de Theo e Hugo atópanse e mestúranse nun apaixonado abrazo. Máis aló da furia do desexo e a emoción dese primeiro momento, os dous mozos, sobrios xa nas rúas baleiras de vida do Paris nocturno, enfróntanse ao seu amor en ciernes.

.
“Unha fermosa película de amor (…) A película, cun fermosísimo efecto visual á hora do flechazo, vai moito máis alá da provocación, sublime,  dos seus impactantes minutos de arranque.”

(Javier Ocaña, El País)

.

Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=0VLrqYWky70

.

 

2º Ciclo de cine do Colexio de médicos de Ourense

Coa colaboración da Biblioteca pública e do cineclube, o Iltre. Colexio de médicos de Ourense organiza o 2º ciclo de cine, que vaise a desenvolver entre febreiro e xuño de 2016, ás 19:30 horas no salón de actos da Biblioteca pública (Rúa Concello,11), cunha pequena introducción antes de cada filme e o posterior debate, co seguinte programa:

 

A necesidade dun sistema público de saúde e a patoloxía xinecolóxica

 

  • Martes 16 de febreiro:

la-mujer-del-chatarrero-cineclube_Ourense

A MULLER DO CHATARREIRO
Epizoda ou zivotu beraca zeljeza

(Bosnía e Herzegovina , 2013) 75 min.

Director: Danis Tanovic

Guión: Danis Tanovic
Fotografía: Erol Zubcevic
Reparto: Nazif Mujic, Senada Alimanovic, Semsa Mujic, Sandra Mujic

Senada, a nai dunha familia xitana que vive da chatarra, comeza un día a sangrar e a ter fortes dores no estómago. No hospital comunícanlle que tivo un aborto espontáneo, e recoméndanlle unha urxente intervención quirúrxica, pero ao carecer de cobertura sanitaria, non pode ser atendida. O seu marido, Nazif, tratará de atopar durante eses días máis chatarra para vender, e lograr os 500 euros que custa a operación

Premios
2013: Festival de Berlín: Gran Premio do Xurado e Mellor actor (Nazif Mujic)

"Tanovic conta con dureza, veracidade e compaixón a historia máis triste"
(Carlos Boyero, El País)

 

A discapacidade sensorial

 

  • Martes 15 de marzo:

la_familia_belier_cineclube_PF_Ourense

A FAMILIA BÉLIER
La famille Bélier

(Francia, 2014) 105 min.

Director: Eric Lartigau

Guión: Vitoria Bedos, Thomas Bidegain, Eric Lartigau
Música: Evgueni Galperine, Sacha Galperine
Fotografía: Romain Winding
Reparto: Louane Emera, Karin Viard, François Damiens, Luca Gelberg, Roxane Duran, etc.
Todos os membros da familia Bélier son xordomudos, excepto Paula, de 16 anos. Ela fai de intérprete para os seus pais, especialmente no que respecta ao funcionamento da granja familiar. Un día, alentada polo seu profesor de música, que descubriu o seu talento para o canto, decide prepararse para a audición do Coro de Radio France, pero trátase dunha elección que a obrigará a distanciarse da súa familia.
Premios
2015: Premios do Cine Europeo: Nomeada a Mellor comedia
2014: Premios César: Mellor actriz revelación (Louane Emera). 6 nominacións

"Unha comedia dramática en ocasións crúa, pero noutros momentos conmovedora e profunda."
(Boyd van Hoeij, The Hollywood Reporter)

 

A formación e a situación laboral dos MIR = Médicos Internos Residentes

 

  • Martes 29 de marzo:

Hipocrates_cineclube_PF_Ourense

HIPÓCRATES
Hippocrate

( Francia, 2014) 102 min.

Director: Thomas Lilti

Guión: Pierre Chosson, Baya Kasmi, Julien Lilti, Thomas Lilti
Música: Jérôme Bensoussan, Nicolas Weil
Fotografía: Nicolas Gaurin
Reparto: Vincent Lacoste, Reda Kateb, Félix Moati, Jacques Gamblin, Marianne Denicourt, etc.
Benxamin está destinado a ser un gran doutor, pero a súa primeira experiencia como médico residente no hospital onde traballa o seu pai, non sae como el esperaba. A práctica revélase moito máis complexa que a teoría e a responsabilidade é aplastante. Ademais, o seu compañeiro de traballo Abdel, un médico estranxeiro, ten moita máis experiencia que él. Benxamin terá que enfrontarse cara a cara cos seus límites e os seus medos, así como os dos seus pacientes e os seus familiares, os médicos e os seus compañeiros residentes.
Premios
2014: Premios César: Mellor actor secundario (Kateb). 7 nominacións

"Unha comedia dramática social mordaz, pero conmovedora, que mostra o lado oculto dun hospital público francés."
(Jordan Mintzer, The Hollywood Reporter)

 

A morte digna

 

  • Martes 26 de abril:

Halt_auf_freier_Strecke_cineclube_PF

STOPPED ON TRACK
Halt auf freier Strecke

(Alemaña, 2011) 95 min.

Director: Andreas Dresen

Guión: Andreas Dresen, Cooky Ziesche
Fotografía. Michael Hammon
Reparto: Milan Peschel, Steffi Kühnert, Talisa Lilly Lemke, Mika Seidel, Otto Mellies, Inka Friedrich

O doutor dixo a verdade. Os días están contados. Por que eu e por que agora? Un home deixa atrás á súa muller e aos seus fillos, aos seus pais, aos seus amigos, aos seus veciños e á súa antiga amante, a todos aqueles que formaron parte da súa vida. Cada día é un pequeno adeus. As palabras son cada vez menos comúns, o silencio prolóngase cada vez máis. Ante a fiestra, o ano cambia de cor. Morrer, un último traballo. Quedarse só, pero sen estar só está ben, quizais.

Premios
2011: Festival de Cannes (sección “Un certain regard): Mellor película (ex-aequo)
2011: 4 Premios do cine Alemán: incluíndo mellor película e director. 7 nominacións

"É tan sumamente naturalista o xeito en que Dresen filma esta tremenda traxedia que aínda máis aflixido séntese o espectador (...) O cineasta sabe tamén evitar no posible o melodrama, e ata ás veces arrefría o ton da narración.”
(Carmen L. Lobo, La Razón)

 

A reproducción asistida

 

  • Martes 24 de maio:

Starbuck-cineclube-pf-Ourense

STARBUCK

(Canadá, 2011) 103 min.

Director: Ken Scott

Guión: Ken Scott, Martin Petit
Música: David Lafleche
Fotografía: Pierre Gill
Reparto: Patrick Huard, Julie LeBreton, Antoine Bertrand, Dominic Philie, Marc Bélanger, Igor Ovadis, etc.

Aínda que David Wozniak doou moito semen na súa mocidade, nunca puido imaxinar que chegaría a ter 533 fillos. Vinte anos despois, 142 deles queren coñecerlle, e emprenden unha acción legal conxunta para pescudar a identidade do seu pai biolóxico, de quen só se sabe o seu nome en clave cando era donante de esperma: Starbuck

Premios
2011: Festival de Valladolid – Seminci: Mellor actor (Huard)

"Calidade nos diálogos e gran traballo do seu intérprete protagonista, Patrick Huard"
(Javier Ocaña, El País)

 

A doazón de órganos

 

  • Martes 14 de xuño:

la-interprete-cineclube-pf_ourense

A INTÉRPRETE
La intérprete

(España, 2015) 83 min.

Director: Antonio Pérez Molero

Guión: Antonio Pérez Molero
Música: Gonzalo Perales
Fotografía: Antonio Pérez Molero
Reparto: (Documental)

Sílvia Mira é unha das moitas enfermeiras do Hospital Xeral Universitario de Alacante, pero ten un don que a fai especial: é capaz de dicir “séntoo moito” en cinco idiomas diferentes.

Ela é a intérprete, a persoa que comunica a morte aos familiares dun falecido estranxeiro e que á vez debe intentar que estes doen os seus órganos para salvar outras vidas.

Unha narrativa dinámica, cunha historia universal a través de vidas que se cruzan. As persoas cambian, a vida permanece.

 

 


Existe un bono que sustenta a programación dos 6 filmes, por  20 euros. Cada filme solto,o axudas por  4 euros.

(Á libre disposición, no Colexio de médicos e  antes de cada sesión)


 

2_ciclo_cine_colexio_medicos_Ourense_cineclube_PF

Información sobre o ciclo,(en Pdf) na páxina do colexio.  / Outros filmes sobre mediciña, aqui.