Arquivos da categoría Saúde

V Ciclo de cine do Colexio de médicos de Ourense

Coa colaboración da Biblioteca pública e do cineclube, o Iltre. Colexio de médicos de Ourense organiza o 5º ciclo de cine, que vaise a desenvolver entre febreiro e xuño de 2019, ás 19:30 horas no salón de actos da Biblioteca pública (Rúa Concello,11), cunha pequena introducción antes de cada filme e o posterior debate, co seguinte programa:

Neste ocasión, todas as sesións son de balde. (VOS)

CICLO CINE COLEXIO DE MEDICOS DE OURENSE (5)

.

.

 

  • Martes, 12 de febreiro de 2019

JUNO
Jason Reitman (EUA, 2007) 92 min. #VOSE

Juno-Jason-Reirman-Ourense

Juno Macguff (Ellen Page) ten 16 anos e é, segundo os adultos, máis intelixente do que lle convén. É enxeñosa, culta, observadora e, sobre todo, sarcástica. Ese sarcasmo non é máis que unha coraza para ocultar os seus medos e dúbidas. A raíz da relación cun compañeiro de clase (Michael Cera) quédase embarazada. E, como el se desentende do problema, Juno toma unha decisión que conta coa aprobación da súa familia: terá o neno e darao en adopción. Despois haberá que atopar uns pais adoptivos adecuados. Mark (Jason Bateman) e Vanessa (Jennifer Garner) parecen os pais ideais. Pero resulta que Mark e Juno comparten demasiadas afeccións e parecen entenderse moi ben desde o principio.

Premios
2007: Oscar: Mellor guión orixinal. 4 nominacións
2007: 3 nominacións ao Globo de Ouro, incluíndo mellor película comedia ou musical
2007: Premios BAFTA: Mellor guión orixinal. Nomeada a mellor actriz (Ellen Page)

“Comedia agridoce, brillante e inesperada con desenvolvemento cristalino e nada tramposo. Non hai en ‘Juno’ unha proposta transgresora, pero si toda unha lección de autenticidade no discurso.”

(Jordi Costa, El País)

.

 

  • Martes, 26 de febreiro de 2019

 

A Dangerous Method
Un método perigoso
David Cronenberg (Reino Unido, 2011) 93 min. #VOSE

un-metodo-perigoso-ourense

Unha poderosa historia de descubrimento sexual e intelectual baseada en acontecementos reais a partir da turbulenta relación entre o novo psiquiatra Carl Jung (Michael Fassbender), o seu mentor Sigmund Freud (Viggo Mortensen) e Sabina Spielrein (Keira Knightley). A este trío engádese Otto Gross (Vincent Cassel), un paciente libertino decidido a traspasar todos os límites.

Premios
2011: Globos de Ouro: Nomeada a Mellor actor secundario (Viggo Mortensen)
2011: Festival de Venecia: Sección oficial
2011: Festival de Toronto: Sección oficial

“Sacudíndose calquera remanente poeira das obras de época, a película aborda espiñentos asuntos psico-sexuais e problemas de ética profesional cunha franqueza que resulta completamente contemporánea”
(Todd McCarthy, The Hollywood Reporter)

.

 

  • Martes, 9 de abril de 2019

 

Side Effects
EFECTOS SECUNDARIOS
Steven Soderbergh (EUA, 2013) 105 min. #VOSE

Side-Effects-Efectos-secundarios-Ourense

Ambientada no mundo da psicofarmacoloxía, ciencia que estuda como afectan as drogas á mente humana. Emily (Rooney Mara) é unha moza que se volve adicta a un novo medicamento que lle receita o seu psiquiatra (Jude Law) para que poida controlar a súa ansiedade ante a inminente saída do cárcere do seu marido (Channing Tatum).

Premios
2013: Festival de Berlín: Sección oficial

“A atmosfera cargada (…) xunto ao mosqueo entre a verdade e o tampantollo que recubre a historia deixan a «Efectos secundarios» nese estante das películas que che obrigan primeiro a rascarche a cabeza e logo a rascarche o peto para, gustosamente, volvela a ver”
(Oti Rodríguez Marchante, ABC)

.

  • Martes, 30 de abril de 2019

 

The Elephant Man
O HOME ELEFANTE
David Lynch (EUA, 1980) 125 min. #VOSE

o-home-elefante-ourense

A finais do século XIX, o doutor Frederick Treves descobre nun circo a un home chamado John Merrick. Trátase dun cidadán británico coa cabeza monstruosamente deformada, que vive nunha situación de constante humillación e sufrimento ao ser exhibido diariamente como unha atracción de feira.

Premios
1981: Premios César: Mellor película estranxeira
1980: 8 nominacións ao Oscar, incluíndo película e director
1980: Globos de Ouro: 4 nominacións, incluíndo mellor película – Drama
1980: Premios BAFTA: Mellor película, actor (Hurt) e deseño de produción. 7 nominacións

“Un estudo da xentileza que dalgún xeito suprime a rabia. Esa é a calidade que ilumina ao filme e faio moito máis fascinante que si fose un retrato que dignifica a un monstro.”
(Vincent Canby,The New York Times)

.

 

Martes, 28 de maio de 2019

 

A fille de Brest
A DOUTORA DE BREST
Emmanuelle Bercot (Francia, 2016) 128 min. #VOSE

la-doctora-de-Brest-ourense

Narra a historia real da doutora Irène Frachon (Sidse Babett Knudsen), a muller que en 2010 atreveuse a plantarlle cara á industria sanitaria e farmacéutica francesa, cando se destapou o escándalo mediático en torno á comercialización dun controvertido medicamento cuxos efectos secundarios provocaron a morte de centos de persoas.

Premios
2016: Premios César: Nomeada Mellor actriz (Sidse Babett Knudsen) e guión adaptado
2016: Festival de San Sebastián: Sección oficial a competición

“Si (…) resulta por momentos tan absorbente é nin máis nin menos que por ese limitado pudor á hora de manexar case calquera recurso dramático ou audiovisual (…) Emociónache queiras ou non, (…); che espabila (e che conciencia).”
(Antonio Trashorras, Fotogramas)

..

  • Martes,  4 de xuño de 2019

 

Days of Wine and Roses
DÍAS DE VIÑO E ROSAS
Blake Edwards (EUA, 1962) 117 min. #VOSE

dias-de-viño-e-rosas-ourense

Joe Clay, xefe de relacións públicas dunha empresa de San Francisco, coñece durante unha festa á bela Kirsten Arnesen. A rapariga móstrase cautelosa ao principio, debido á afección de Joe á bebida, pero despois sucumbe ante a súa simpatía e cásase con el.

Premios
1962: Oscar: Mellor canción. 5 nominacións
1962: 4 nominacións Globos de Ouro: Película drama, director, actor, actriz
1963: Premios BAFTA: 3 nominacións incluíndo a actor estranxeiro (Lemmon)
1963: Festival de San Sebastián: Mellor actor (Lemmon) e actriz (Remick)

“Do frenesí ao inferno. Sen volta. Edwards arrinca a Lemmon e Remick dúas interpretacións ebrias de puro xenio. Ademais, a música de Mancini”
(Luís Martínez, El País)

..

Información sobre o ciclo,(en Pdf) na páxina do colexio. / Outros filmes sobre mediciña, aqui.

.

.

 

IV Ciclo de cine do Colexio de médicos de Ourense

Coa colaboración da Biblioteca pública e do cineclube, o Iltre. Colexio de médicos de Ourense organiza o 4º ciclo de cine, que vaise a desenvolver entre xaneiro e xuño de 2018, ás 19:30 horas no salón de actos da Biblioteca pública (Rúa Concello,11), cunha pequena introducción antes de cada filme e o posterior debate, co seguinte programa:

.

  • 16 de xaneiro

 

all_that_jazz-962244565-mmed

All that jazz

All That Jazz (Empeza o espectáculo)

Bob Fosse (EUA, 1979)

Joe Gideon (Roy Scheider) é un implacable coreógrafo neste musical pouco convencional que retrata a dureza, o esplendor e a decadencia das xentes do mundo do espectáculo, a quen o triunfo négalles ás veces a posibilidade doutros afectos. Un drama que retrata a outra cara do show, o que ocorre entre bastidores.

.

Premios

1979: 4 Oscars: BSO adaptada, vestiario, dir. artística e montaxe. 9 nominacións

1980: Festival de Cannes: Palma de Ouro mellor película (ex aequo)

1980: Premios BAFTA: Mellor fotografía e mellor montaxe. 6 nominacións

.

  • 27 febreiro

 

project_nim-419000045-mmed

Project Nim

Proxecto Nim

James Marsh (Reino Unido, 2011)

Na década dos 70, o chimpancé Nim foi sometido a un experimento cuxo obxectivo era comprobar que efectos tería sobre o animal o feito de ser criado e educado coma un ser humano.

.

  • 20 de marzo

chce_sie_zyc-161347144-mmed

Chce sie zyc

Life Feels Good

Maciej Pieprzyca (Polonia, 2013)

Narra a historia de Mateusz, un home de 30 anos que padece parálise cerebral e, dentro das súas limitacións, leva unha vida relativamente normal. Acaba de ser internado nun centro de saúde mental, onde determinarán o seu nivel de incapacidade.

.

Premios

2013: Festival de Montreal: Mellor película

2014: Festival de Xixón: 2 premios (Mellor actor e dirección artística

.

  • 24 de abril

tokyo_monogatari-610606671-mmed

Tokyo monogatari

Contos de Tokyo

Yasujiro Ozu (Xapón, 1953)

Unha parella de anciáns viaxa a Tokio para visitar aos seus fillos, pero ningún deles ten tempo para atendelos, polo que deciden envialos a un balneario. Cando regresan, a nai pasa unha noite na casa dunha nora, viúva dun dos seus fillos. A diferenza do seus cuñados, Noriko amosa afecto polos seus sogros e conforta á anciá.

.

“A carreira de Yasujiro Ozu é unha sucesión de obras mestras. E, entre todas elas, esta é a máis grande, (…) un acongoxante retrato da descomposición de Xapón trala derrota na II Guerra Mundial”

(Alberto Luchini, El Mundo)

.

  • 29 de maio

.

Sesión de curtametraxes

.

Unha selección de curtas, que proxéctase en sesión simultánea, no Barco de Valdeorras (Teatro Lauro Olmo), Verín (Casa da Cultura) e Ourense (Biblioteca pública). 

 

.

Falling Leaves
Alice Guy (EUA, 1912) 12 min.

Este outono, o doutor Earl Headley espera demostrar con impaciencia o que parece ser unha cura milagrosa para a tuberculose. Con todo, non lonxe de onde está a traballar, a enfermidade parece estar lista para reclamar unha nova vida, unha moza chamada Winifred, que xa está gravemente enferma. A nai de Winifred e a irmá máis nova, Trixie, están devastadas polas noticias. Cando Trixie escoita ao médico da familia, din sobre Winifred que “cando a última folla caia, todo pasará por ela”, interpreta literalmente as palabras do doutor. Pensando no que escoitou, decide facer todo o posible para salvar á súa irmá.

.

That Mothers Might Live
Fred Zinnemann (EUA, 1938) 10 min.

Mediados do século XIX. O doutor Semmelweis, ao que moitas mulleres acoden especificamente para axudar no seu parto, non é inmune a pacientes que morreron. Por casualidade, descubriu finalmente que o motivo era a sanidade e a necesidade de que os médicos laven as mans despois de cada procedemento. Chegar a esta descuberta e convencer ao mundo, especialmente á comunidade médica establecida, son dúas cousas distintas. O Dr. Semmelweiss, que publicou un libro sobre o tema, talvez non obtivese o recoñecemento deste achádego durante a súa vida mentres trataba de dar a coñecer e aceptar os seus descubrimentos, pero esa palabra acabaría por ser común e dada por sentado como verdade hoxe.

Premios

1938 : Premios da Academia: Mellor Curta, One-reel

.

Hospital
Krzysztof Kieslowski (Polonia, 1977) 22 min.

24 horas na vida dun hospital desde o punto de vista dos médicos e enfermeiros.

.

Bishtar az do saat [More Than Two Hours]
Ali Asgari (Francia, 2013) 15 min.

Son as tres da mañá, e dous rapaces están vagando pola cidade. Están buscando un hospital para curar á moza, pero é moito máis difícil do que pensaban.

.

James
Claire Oakley (Reino Unido, 2014) 15 min.

Ambientada en 1796, a película está baseada na historia real de James Phipps, o neno de 8 anos que foi utilizado polo o Dr. Jenner para probar a primeira vacina contra a viruela do mundo. A película estreouse no Festival Internacional de Cine de Brest, 2014 e agora é un recurso de ensino de libre acceso para as escolas de todo o país.

.

Prends-moi
Anaïs Barbeau-Lavalette e André Turpin (Canadá, 2014) 10 min.

O enfermeiro dun centro para persoas con discapacidade tenta mellorar a situación dos seus pacientes cada día. Un día ten que mover un mozo e a súa muller á mesma cama para que teñan un pouco de intimidade, pero entón é requirido para unha tarefa que lle fai cuestionar os seus principios e os límites das súas obrigas.

Premios
2014 : Festival de Xixón: Mellor curtametraxe

.

(Coa colaboración do Cineclube Groucho Marx (Barco de Baldeorras), Concello do Barco de Valdeorras e concellería de cultura do Concello de Verín.)

.

 

  • 19 de xuño

 

pandoranin_kutusu_pandora_s_box-501078761-mmed

Pandoranin kutusu

A caixa de Pandora

Yesim Ustaoglu (Turquía, 2008)

Unha noite, tres irmáns duns 40 anos de Estambul, reciben unha chamada informándolles de que a súa nai desapareceu da súa casa da costa Oeste do Mar Negro en Turquía. Deixando ao carón as súas diferenzas, os tres únense para buscala, pero os conflitos non tardarán en rexurdir. Como os segredos da caixa de Pandora. Danse conta do pouco que se coñecen realmente e aproveitan para meditar sobre os seus propios defectos.

.

Premios

2008: San Sebastián: Concha de Ouro: Mellor película e mellor actriz (Tsilla Chelton)

.

“Cine duro e sensible. (…) exceso de lirismo na personalidade da enferma. (…) faime sentir e pensar”

(Carlos Boyero,El País)

.

 

Información sobre o ciclo,(en Pdf) na páxina do colexio. / Outros filmes sobre mediciña, aqui.

3º CICLO DO COLEXIO DE MÉDICOS DE OURENSE

Coa colaboración da Biblioteca pública e do cineclube, o Iltre. Colexio de médicos de Ourense organiza o 3º ciclo de cine, que vaise a desenvolver entre xaneiro e xuño de 2017, ás 19:30 horas no salón de actos da Biblioteca pública (Rúa Concello,11), cunha pequena introducción antes de cada filme e o posterior debate, co seguinte programa:

.

  • 24 de xaneiro de 2017

un-doctor-en-la-campina

Médecin de campagne
UN DOUTOR NA CAMPIÑA
Thomas Lilti (2016, Francia) 102 min.

Jean-Pierre é un abnegado médico dunha zona rural de Francia que dedica a súa vida a atender aos seus pacientes, do día á noite, os sete días da semana. Cúralles, aténdelles e failles compañía. Pero un día Jean-Pierre cae doente, así que chega Nathalie, unha mozo médico do hospital da cidade, para asistirlle e de paso facer o seu traballo. A pregunta é si Nathalie aceptará esta nova vida, e como levará ter que reemplazar a unha persoa que se consideraba irreemplazable

.

“Sen caer no romanticismo comercial, Lilti, como en , pero cunha cámara máis calmosa, menos axitada, aplica a crítica social e política.”

(Javier Ocaña, EL PAÍS)

.

  • 14 de febreiro de 2017

the-broken-circle-breakdown-poster

The Broken Circle Breakdown (Alabama Monroe)
ALABAMA MONROE
Felix Van Groeningen (2012, Béxica) 112 min.

Narra a historia de amor entre Elise e Didier. Ela ten unha tenda de tatuajes, el toca o banjo nunha banda. É amor a primeira vista, malia as súas diferenzas. El fala, ela escoita. El é ateo e un inxenuo romántico. Ela ten unha cruz tatuada no pescozo, e os pés no chan. A súa felicidade complétase co nacemento da pequena Maybelle. Pero a nena doente aos seis anos.

.

Premios
2013: Festival de Tribeca: Mellor guión e Mellor actriz (Baetens)
2013: Premios do Cine Europeo: Mellor actriz (Veerie Baetens). 6 nominacións
2013: Satellite Awards: Mellor película estranxeira
2013: Premios César: Mellor película estranxeira
2013: Festival de Berlín: Premio do Público (Sección Panorama)

.

“Unha historia de amor moi ben contada, crúa, ata desoladora, pero que non cae en lugares comúns ou estereotipos moi gastados neste xénero.”

(Lucero Solórzano, EXCÉLSIOR)

.

  • 21 de marzo de 2017

la-h-de-jan

La historia de Jan
A HISTORIA DE JAN
Bernardo Moll Otto (2016, España) 94 min.

A inesperada noticia de que Jan tiña síndrome de Down, fixo que o seu pai puxésese a escribir un blog e a gravar ao seu fillo, para así compartir e poder superar os seus medos. O documental cóntanos desde a intimidade unha historia de superación e de aceptación. A través do sentido do humor, o esforzo e o amor por Jan, os seus pais buscan normalizar e dar visibilidad ao descoñecido mundo da discapacidad.

.

“Discreta na fórma pero rica en contido humano: moi de pedra ha de ter un o corazón para non saír do seu visionado conmovido.”

(Jordi Batlle Caminal, FOTOGRAMAS)

.

  • 4 de abril de 2017

lazarescu2_

Moartea domnului Lazarescu
A MORTE DO SR. LAZARESCU
Cristi Puiu (2005, Rumanía) 153 min.

O señor Lazarescu é viúvo e vive só nun apartamento cos seus tres gatos. A súa filla Bianca marchouse a vivir a Canadá. Unha noite, o solitario ancián séntese mal e chama a unha ambulancia. Lévano a un hospital, e desde alí a outro e a outro máis, pero en ningún poden atendelo. Mentres tanto, o seu estado de saúde vaise agravando rápidamente.

.

Premios
2005: Festival de Cannes: Mellor película (sección “Un Certain Regard”)
2005: Premios Independent Spirit: Nomeada a Mellor película estranxeira
2006: Asociación de Críticos dos Angeles: Mellor actriz secundaria (Gheorghiu)

.

Comedia dramática premiada en Cannes (na sección “Una certa mirada”) e seleccionada por Rumanía como candidata ao Oscar á mellor película de fala non inglesa.

.

  • 23 de maio de 2017

la-escafandra-y-la-mariposa

Le scaphandre et le papillon
A ESCAFANDRA E A BOLBORETA
Julian Schnabel (2007, Francia) 112 min.

Inspírase na novela “A escafandra e a bolboreta” escrita por Jean Dominique Bauby por mor dun accidente (1995) que o introduciu no mundo do “Locked in Syndrom” (encerrado en si mesmo). Totalmente paralizado, sen poder comer, falar, nin respirar sen asistencia, o antigo redactor xefe da revista “Elle” dicta letra por letra, movendo só a pálpebra esquerda, unha especie de viaxe inmóbil.

.

Premios
2007: 2 Globos de Ouro: Mellor película estranxeira, director. 3 nominacións
2007: Festival de Cannes: Mellor director, Technical Grand Prize. 3 nominacións
2007: 2 premios Cesar: Actor (Mathieu Amalric), montaxe. 7 nominacións

.

“Schnabel logra crear un universo doiente e fascinante. O que ocorre na mente e no corazón deste home roto perturba, … apena, exalta e conmove… está chea de amor á vida. E contáxiao.”

(Carlos Boyero, EL PAÍS)

.

  • 6 de xuño de 2017

dioses-poster

Bogowie
DEUSES
Lukasz Palkowski(2014, Polonia) 120 min.

Baseada en feitos reais, conta a historia do cirujano Zbigniew Religa, quen fixo o primeiro trasplante de corazón exitoso en Polonia nos anos 80 en contra da opinión dos seus colegas e loitando por sacar adiante a súa propia clínica. Religa, ao atreverse a trasplantar un corazón humano, rompeu barreiras morais, culturais e relixiosas.

Foi un gran éxito de taquilla en Polonia, obtendo 7 Premios da Academia de Cine Polaca, incluíndo o de mellor película.

.

“Conta unha historia fascinante e captura hábilmente un tempo e lugar específicos na historia da mediciña”

(Leslie Felperin, THE GUARDIAN)

.

……

iii-ciclo-cine-y-medicinap

Información sobre o ciclo,(en Pdf) na páxina do colexio. / Outros filmes sobre mediciña, aqui.

“Theo e Hugo, París 5:59” no día da loita contra o VIH-SIDA

En colaboración co Comité cidadán antisida de Ourense, e a Concellería de saúde do Concello de Ourense, prográmase no Día internacional da loita contra o VIH-SIDA, no cineclube; na Biblioteca pública de Ourense, con entrada de balde:

.

  • Xoves, 1 de decembro de 2016, ás 20:30 h.

.

Théo et Hugo dans le même bateau

THEO E HUGO, PARÍS 5:59

(Francia, 2015) 97 min. #VOSE

Olivier Ducastel e Jacques Martineau

theohugo1

.

Nun club de sexo, os corpos de Theo e Hugo atópanse e mestúranse nun apaixonado abrazo. Máis aló da furia do desexo e a emoción dese primeiro momento, os dous mozos, sobrios xa nas rúas baleiras de vida do Paris nocturno, enfróntanse ao seu amor en ciernes.

.
“Unha fermosa película de amor (…) A película, cun fermosísimo efecto visual á hora do flechazo, vai moito máis alá da provocación, sublime,  dos seus impactantes minutos de arranque.”

(Javier Ocaña, El País)

.

Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=0VLrqYWky70

.

 

2º Ciclo de cine do Colexio de médicos de Ourense

Coa colaboración da Biblioteca pública e do cineclube, o Iltre. Colexio de médicos de Ourense organiza o 2º ciclo de cine, que vaise a desenvolver entre febreiro e xuño de 2016, ás 19:30 horas no salón de actos da Biblioteca pública (Rúa Concello,11), cunha pequena introducción antes de cada filme e o posterior debate, co seguinte programa:

 

A necesidade dun sistema público de saúde e a patoloxía xinecolóxica

 

  • Martes 16 de febreiro:

la-mujer-del-chatarrero-cineclube_Ourense

A MULLER DO CHATARREIRO
Epizoda ou zivotu beraca zeljeza

(Bosnía e Herzegovina , 2013) 75 min.

Director: Danis Tanovic

Guión: Danis Tanovic
Fotografía: Erol Zubcevic
Reparto: Nazif Mujic, Senada Alimanovic, Semsa Mujic, Sandra Mujic

Senada, a nai dunha familia xitana que vive da chatarra, comeza un día a sangrar e a ter fortes dores no estómago. No hospital comunícanlle que tivo un aborto espontáneo, e recoméndanlle unha urxente intervención quirúrxica, pero ao carecer de cobertura sanitaria, non pode ser atendida. O seu marido, Nazif, tratará de atopar durante eses días máis chatarra para vender, e lograr os 500 euros que custa a operación

Premios
2013: Festival de Berlín: Gran Premio do Xurado e Mellor actor (Nazif Mujic)

"Tanovic conta con dureza, veracidade e compaixón a historia máis triste"
(Carlos Boyero, El País)

 

A discapacidade sensorial

 

  • Martes 15 de marzo:

la_familia_belier_cineclube_PF_Ourense

A FAMILIA BÉLIER
La famille Bélier

(Francia, 2014) 105 min.

Director: Eric Lartigau

Guión: Vitoria Bedos, Thomas Bidegain, Eric Lartigau
Música: Evgueni Galperine, Sacha Galperine
Fotografía: Romain Winding
Reparto: Louane Emera, Karin Viard, François Damiens, Luca Gelberg, Roxane Duran, etc.
Todos os membros da familia Bélier son xordomudos, excepto Paula, de 16 anos. Ela fai de intérprete para os seus pais, especialmente no que respecta ao funcionamento da granja familiar. Un día, alentada polo seu profesor de música, que descubriu o seu talento para o canto, decide prepararse para a audición do Coro de Radio France, pero trátase dunha elección que a obrigará a distanciarse da súa familia.
Premios
2015: Premios do Cine Europeo: Nomeada a Mellor comedia
2014: Premios César: Mellor actriz revelación (Louane Emera). 6 nominacións

"Unha comedia dramática en ocasións crúa, pero noutros momentos conmovedora e profunda."
(Boyd van Hoeij, The Hollywood Reporter)

 

A formación e a situación laboral dos MIR = Médicos Internos Residentes

 

  • Martes 29 de marzo:

Hipocrates_cineclube_PF_Ourense

HIPÓCRATES
Hippocrate

( Francia, 2014) 102 min.

Director: Thomas Lilti

Guión: Pierre Chosson, Baya Kasmi, Julien Lilti, Thomas Lilti
Música: Jérôme Bensoussan, Nicolas Weil
Fotografía: Nicolas Gaurin
Reparto: Vincent Lacoste, Reda Kateb, Félix Moati, Jacques Gamblin, Marianne Denicourt, etc.
Benxamin está destinado a ser un gran doutor, pero a súa primeira experiencia como médico residente no hospital onde traballa o seu pai, non sae como el esperaba. A práctica revélase moito máis complexa que a teoría e a responsabilidade é aplastante. Ademais, o seu compañeiro de traballo Abdel, un médico estranxeiro, ten moita máis experiencia que él. Benxamin terá que enfrontarse cara a cara cos seus límites e os seus medos, así como os dos seus pacientes e os seus familiares, os médicos e os seus compañeiros residentes.
Premios
2014: Premios César: Mellor actor secundario (Kateb). 7 nominacións

"Unha comedia dramática social mordaz, pero conmovedora, que mostra o lado oculto dun hospital público francés."
(Jordan Mintzer, The Hollywood Reporter)

 

A morte digna

 

  • Martes 26 de abril:

Halt_auf_freier_Strecke_cineclube_PF

STOPPED ON TRACK
Halt auf freier Strecke

(Alemaña, 2011) 95 min.

Director: Andreas Dresen

Guión: Andreas Dresen, Cooky Ziesche
Fotografía. Michael Hammon
Reparto: Milan Peschel, Steffi Kühnert, Talisa Lilly Lemke, Mika Seidel, Otto Mellies, Inka Friedrich

O doutor dixo a verdade. Os días están contados. Por que eu e por que agora? Un home deixa atrás á súa muller e aos seus fillos, aos seus pais, aos seus amigos, aos seus veciños e á súa antiga amante, a todos aqueles que formaron parte da súa vida. Cada día é un pequeno adeus. As palabras son cada vez menos comúns, o silencio prolóngase cada vez máis. Ante a fiestra, o ano cambia de cor. Morrer, un último traballo. Quedarse só, pero sen estar só está ben, quizais.

Premios
2011: Festival de Cannes (sección “Un certain regard): Mellor película (ex-aequo)
2011: 4 Premios do cine Alemán: incluíndo mellor película e director. 7 nominacións

"É tan sumamente naturalista o xeito en que Dresen filma esta tremenda traxedia que aínda máis aflixido séntese o espectador (...) O cineasta sabe tamén evitar no posible o melodrama, e ata ás veces arrefría o ton da narración.”
(Carmen L. Lobo, La Razón)

 

A reproducción asistida

 

  • Martes 24 de maio:

Starbuck-cineclube-pf-Ourense

STARBUCK

(Canadá, 2011) 103 min.

Director: Ken Scott

Guión: Ken Scott, Martin Petit
Música: David Lafleche
Fotografía: Pierre Gill
Reparto: Patrick Huard, Julie LeBreton, Antoine Bertrand, Dominic Philie, Marc Bélanger, Igor Ovadis, etc.

Aínda que David Wozniak doou moito semen na súa mocidade, nunca puido imaxinar que chegaría a ter 533 fillos. Vinte anos despois, 142 deles queren coñecerlle, e emprenden unha acción legal conxunta para pescudar a identidade do seu pai biolóxico, de quen só se sabe o seu nome en clave cando era donante de esperma: Starbuck

Premios
2011: Festival de Valladolid – Seminci: Mellor actor (Huard)

"Calidade nos diálogos e gran traballo do seu intérprete protagonista, Patrick Huard"
(Javier Ocaña, El País)

 

A doazón de órganos

 

  • Martes 14 de xuño:

la-interprete-cineclube-pf_ourense

A INTÉRPRETE
La intérprete

(España, 2015) 83 min.

Director: Antonio Pérez Molero

Guión: Antonio Pérez Molero
Música: Gonzalo Perales
Fotografía: Antonio Pérez Molero
Reparto: (Documental)

Sílvia Mira é unha das moitas enfermeiras do Hospital Xeral Universitario de Alacante, pero ten un don que a fai especial: é capaz de dicir “séntoo moito” en cinco idiomas diferentes.

Ela é a intérprete, a persoa que comunica a morte aos familiares dun falecido estranxeiro e que á vez debe intentar que estes doen os seus órganos para salvar outras vidas.

Unha narrativa dinámica, cunha historia universal a través de vidas que se cruzan. As persoas cambian, a vida permanece.

 

 


Existe un bono que sustenta a programación dos 6 filmes, por  20 euros. Cada filme solto,o axudas por  4 euros.

(Á libre disposición, no Colexio de médicos e  antes de cada sesión)


 

2_ciclo_cine_colexio_medicos_Ourense_cineclube_PF

Información sobre o ciclo,(en Pdf) na páxina do colexio.  / Outros filmes sobre mediciña, aqui.