Arquivos da categoría Igualdade

MULLER (ES) MULLER

Dentro das actividades que realiza Igualdade do Concello de Ourense, e á proposta da produtora SocialDocs, nas que colabora o cineclube, proxéctase o martes 12 de abril de 2016, na Biblioteca pública ás 20:30 h. (de balde):
.
MULLER (ES) MULLER
(2013, España) de Inés Pintor
.
muller_es_muller_documental_ines_pintor
.
Seis avóas, seis nais e seis netas, tres xeracións de mulleres onde cada unha contén moito das outras.
.
“Iso son cousas da avóa” “Agora os tempos cambiaron moito, demasiado diría eu”.
¿Que distancia ás mulleres que din estas frases?¿ Que ocorreu neste tempo que as separa?
.
Participan entre outras, Yolanda Castaño, Chus Pato, Alba Soleto, María Reimondez,etc.
.
.