Arquivos da categoría Igualdade

Filmes para o 25 N do 2021

A petición da Concellería de igualdade do Concello de Ourense, proxectaremos ás 20:30 horas na Casa da cultura, con entrada de balde, os seguintes filmes propostos polo cineclube e o prace do CIMM:

.

martes 30 de novembro

THE PERFECT CANDIDATE / A CANDIDATA PERFECTA

Haifa Al-Mansour (Arabia Saudita, 2019) 101 min. [ND] VOSE

Unha muller está obrigada a retroceder nun aeroporto por mor do seu gardián masculino, cuxos papeis non están en orde. Motivada por este feito, decide iniciar unha campaña para loitar contra as regras machistas que prevalecen en Arabia Saudita en relación ao comportamento social e a influencia da familia sobre decisións importantes e que deberían ser unipersoais. 

Premios
2019: Festival de Venecia: Competición Oficial

Apaixoado e teimoso, o filme conquístanos de inmediato. Canto máis pensemos nela, mellor semella esta fórmula
(Xan Brooks, THE GUARDIAN)

.

Xoves 2 de decembro 2021

EL CÍRCULO / O CÍRCULO

Iván Roiz e Álvaro Priante (España, 2020) 73 min. [ND] VOE

“O círculo” é un proxecto sobre a crise da masculinidade. Un grupo heteroxéneo de persoas reúnense ao redor dun círculo para falar sen censuras desde o máis profundo, con todas as luces e as sombras. Tan só teñen unha cousa en común: son homes. En cada unha destas sesións, cada un deles conta a súa experiencia en primeira persoa desde o seu punto de vista masculino.

Os fenómenos

Dentro das actividades arredor do 8 de mazo, que realiza a Área de Igualdade do Concello de Ourense, nas que colabora o cineclube, proxéctase o martes 14 de marzo de 2017, na Biblioteca pública ás 20:30 h. (2 euros):
.
LOS FENÓMENOS (OS FENÓMENOS)
Alfonso Zarauza (2014, España) 99 min.
.
.
los-fenomenos-g1
 .
 Unha muller que vive desde fai tres anos nunha furgoneta aparcada na costa de Almería, ve como a súa parella desaparece precisamente o día en que ía empezar a traballar. Recollidos os bártulos, regresa co seu bebé ao seu pobo natal, Ferrol, na Coruña. Ao principio, ten enormes dificultades para atopar traballo, pero acaba conseguindo un posto de peón de albanel. Superada con coraxe a dureza do oficio, pronto a súa cuadrilla empeza a destacar entre as demais pola súa extraordinaria capacidade de traballo.
.

Premios2014: Festival de Málaga: Sección oficial a concurso

 “Extraordinaria Lola Dueñas (…) bo adhesivo coa realidade”

(Oti Rodríguez Marchante, ABC)

.