Arquivos da categoría Estrea en Ourense

Sesións de novembro de 2022

A continuación o detalle das proxeccións extraordinarias, que vanse a desenvolver na Casa da cultura de Ourense (Rúa do Concello núm. 11) nos seguintes días e horarios:

.

venres 4 de novembro de 2022 * ás 20:30 h.

Julia y Fernando, una historia de vida

Luis Mancha (España, 2022) 84 min.

Homenaxe aos sociólogos Julia Varela e Fernando Álvarez-Uría.
A súa filosofía de vida está a rexerse por dous principios: non somos ninguén sen quen nos precedeu, quen nos acompaña na viaxe e quen ten que seguir o camiño; e é necesario facer sociedade: crear vínculos sociais que contribúan a cambiar o mundo.

(*) Previa reserva e dependendo da demanda, esta proxección pódese repetir o sábado e domingo (5 e 6 de novembro), co mesmo horario.

Vídeo

.

venres 11 de novembro de 2022 ás 20:30 h.

Ciudad de la Selva; Fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio
Miguel Riaño (España, 2022) 66 min.

Cidade da Selva trasládanos a Casaio, unha pequena poboación galega na que a Guerra Civil Española alongouse ata o ano 1946. Este é o relato dun pobo cuxas feridas apenas empezamos a descubrir.

.

A recaudación íntegra, adícase ás Asociacións de memoria histórica en Ourense.

Vídeo

.

Dentro das actividades que organiza o CIMM arredor do #25N, con entrada de balde:

.

martes 15 de novembro de 2022 ás 20:30 h.

Alegría

Luis Otero (España, 2022) 80 min.

Un funesto 13 de novembro de 2002 produciuse o maior desastre ecolóxico da historia de Galicia. Unha terrible noite de temporal, o petroleiro monocasco Prestige sufriu unha vía de auga cando navegaba a 28 millas (52 km) do cabo Fisterra. As autoridades españolas comezaron un rocambolesco periplo remolcando o barco ata que se partiu en dous o día 19 de novembro.

Como consecuencia diso, chegaron ás nosas costas varias decenas de miles de toneladas de fuel oil (chapapote), que logo se estenderon por toda a costa cantábrica e o sur de Francia, producindo unha das maiores mareas negras da historia. As ondas de fuel e morte bateron contra os cantís da Costa da Morte, contra as Illas Cíes e Ons, contra praias de alto valor natural e paisaxístico.

Ante a incompetencia e a falta de medios de Xunta e Goberno, centos de mariñeiros lanzáronse a defender as rías, pescando coas súas redes e as súas propias mans o chapapote. A sociedade civil autoorganizada, as confrarías de pescadores, as mariscadoras, as asociacións, foron as que deron resposta á catástrofe diante da incomparecencia das autoridades.

Documental realizado para Ecoloxistas en acción no 20 aniversario da catástrofe.

.

xoves 17 de novembro de 2022 ás 20:30 h.

The Assistant
Kitty Green (EUA, 2019) 87 min.

Jane (Julia Garner) é unha recentemente graduada universitaria e aspirante a produtora de cinema que consegue un traballo aparentemente ideal como asistente dun poderoso executivo da industria do entretemento. O seu día é moi similar ao de calquera outro asistenta: preparar café, cambiar o papel na fotocopiadora, ordenar o xantar, organizar viaxes, recibir mensaxes telefónicas, etc. Pero a medida que Jane segue a súa rutina diaria, é cada vez máis conscientes do abuso que colorea insidiosamente cada aspecto da súa xornada laboral, unha acumulación de degradacións contra as cales Jane decide adoptar unha posición, quizais só para descubrir a verdadeira profundidade do sistema no que ela entrou.

Magnífica película (…) en ‘The Assistant’ hai moitos tipos de violacións e a directora, con calculado respecto cara ás verdadeiras vítimas, deixa a peor parte á imaxinación do espectador.” (Elsa Fernández-Santos, El País)

Vídeo

.

xoves 24 de novembro de 2022 ás 20:30 h.

Las mujeres deciden
Xiana Lago (Ecuador, 2017) 59 min.

María é unha médica española que realiza unha investigación sobre embarazo adolescente e aborto clandestino nun hospital da Amazonía ecuatoriana. Alí coñece a Yanina, unha muller que decide abortar na clandestinidade e a Mishell, unha adolescente que foi abusada polo seu pai. A medida que avanza na súa investigación, María vai descubrindo que detrás dos embarazos non desexados, unha e outra vez escóndese a violencia sexual.

Vídeo

.

O FICCVELO en Ourense

O Festival internacional do cinema rural Carlos Velo (FICCVELO), fai parada en Ourense, os días 30 e 31 de marzo, no salón da Casa da cultura; Biblioteca pública (Rúa Concello, 11 Ourense) para amosar unha selección das curtas gañadoras. Será a partir das 20 horas,con entrada de balde.

FICCVELO_oURENSE_cineclube-carlos-velo

Organizado por Arraianos produccións e Lareira Pop, o festival conta co Cineclube Carlos Velo,coa colaboración do Cineclube Padre Feijoo, a Federación de cineclubes de Galicia e a Biblioteca pública. Esta prevista ademais, realizar o II encontro arraiano; unha xuntanza de festivais e cineclubes de a raia, o venres ás 19 horas.

A continuación o detalle e contido da programación

Mércores, 30 de marzo de 2017

  • 20 horas

CARLOS VELO EN MÉXICO
Mariana Romero (España, 2016) 12 min. [VO]

Curtametraxe que recolle os testemuños da súa viúva, Carol de Swann e de alumnos, discípulos, técnicos e profesionais da publicidade, documentalistas e cineastas que falan da fonda pegada de Carlos Velo no país, coa súa actividade como cineasta e co deseño e a creación do Centro Nacional da Curtametraxe e o Centro de Capacitación Cinematográfica, de onde sairon os grandes profesionais do cine e da televisión de México.

MINERITA
Raúl de la Fuente (España, 2013) 27 min. [VO/VOSE]

Minerita é a historia de tres mulleres, Lucía, Ivone e Abigail, que traballan nas minas de Potosí. Un western de mulleres

AÚPA, DELIBES!
Daniel Rivas Pacheco (España, 2015) 11 min [VO]

No verán de 1941, o escritor Miguel Delibes non tiña diñeiro para o billete de tren que lle permitiría visitar á súa noiva que vivía noutro pobo, a 94 quilómetros. Entón, colleu o seu bicicleta e cubriu esa distancia para vela: Anxos de Castro.

WHALEY WHALEY
Guðmundur Arnar Guðmundsson (Dinamarca, Islandia, 2015) 15 min. [VOSE]

A película mostra un forte vínculo entre dous irmáns que viven nun remoto fiordo cos seus pais. Miramos o seu mundo a través dos ollos do irmán menor e seguímolo nunha viaxe marcando un punto de inflexión na vida dos irmáns.

PORSIEMPRE JAMÓN
Ruth Díaz (España, 2014) 24 min. [VO]

Unha noiva horas antes da súa voda chama aterrada ao seu mellor amigo.

SOM PASTOR
Borja Zausen (España, 2015) 9 min. [VO/VOSE]

Miguel ten 11 anos e vive en Ses Olleríes, nos arredores de Santa Eugénia. Na cidade, nin tolo!, di. Un día, cando era pequeno, pediulle ao seu pai si deixáballe ter galiñas. Ese foi o seu primeiro animal doméstico. Logo chegaron os coellos, os periquitos, as ovellas. Xa conseguiu o que quería. Agora levántase cada mañá e antes de ir ao colexio, encárgase de todos eles.

Esta é a historia dun neno que pensa como un home sabio e experimentado.

Xoves, 31 de marzo de 2017

  • 19 horas

II ENCONTRO DE CINEMA ARRAIANO

Xuntanza de cineclubes e festivais de Galicia e Portugal, a cada beira da raia.

  • 20 horas

CESTEANDO
Plácido Romero (España, 2015) [VO]

Documenta a traxectoria vital de Toño do Val (ou Toño Cesteiro) deseñada por el mesmo, non so como traballador, creador, estudioso e extraordinario coleccionista da cestería, senón cesteando e entrelazando, con perseverancia e valentía, moi diferentes vivencias, loitas, inquietudes e traballos.

Deste xeito, conformou unha existencia presidida por principios, para el incuestionables, como a rebeldía, a liberdade e o profundo amor pola súa terra. Cesteando e tecendo saberes e reflexións, nun contexto adverso, convertiuse nunha especie de atípico heroe, protexido e amparado pola natureza e único dono do seu propio destino.


 

[ Tráiler  /  + info: FICCVELO ]