Arquivos da categoría De balde

BERLÍN; sinfonía dunha grande cidade, musicada ao polo trío caspervek

A petición da Fundación Vicente Risco, o luns 14 de setembro, ás 20:30 h., na Casa da cultura proxectamos (de balde*), musicada ao vivo polo trío CASPERVEK:

Berlin: Die Sinfonie der Großstadt

“Berlín; sinfonía ducha gran cidade” 

(Alemaña, 1927) de Walter Rottmann [A] 62 min. VOSE

Inspirado no documental soviético ” Kino- Nedelia” (1918) de Dziga Vertov, Ruttmann realizou en 1927, contando cos mellores fotógrafos alemáns da época, un documental baseado na vida, durante un día, da cidade de Berlín.

A proxección enmarcase nas actividades do Centenario Nós, e das Xornadas organizadas pola Fundación, sobre Vicente Risco e as vanguardias históricas.

*(Reserva garantida aos inscritos nas xornadas)

+ info: aquí [Abre outra xanela]

II edición do DocDoMes

Por segundo ano consecutivo, a oficina  cultural da Vicerreitoría do campus de Ourense da Universidade de Vigo, programa coa colaboración do Cineclube Padre Feijoo, unha programación de documentais do festival de documentais de Barcelona, os xoves, ás 19:30 horas (de balde) coas seguintes datas:

.

  • 30 de xaneiro de 2020

.

«Svideteli Putina» As testemuñas de Putin

· (Letonia-Suíza-República Checa, 2018) 102 min. [ND] VOSE

Imos ao último día de 1999, cando o ex líder do Servizo Federal de Seguridade (FSB), o primeiro ministro Vladimir Putin, subiu á presidencia de Rusia. Vitaly Mansky desenvolve a súa película con testemuños do acontecido nos anos posteriores a ese día de decembro.

Premios
2019: European Film Awards: nomeado a Mellor documental
2018: Karlovy Vary: Mellor documental

Ten todo para ser un dos documentais máis incendiarios destes anos … é unha aparencia íntima como poucos para a xestión política dese país
(Diego Lerer, MICROPSIACINE.COM)

.
  • 27 de febreiro de 2020

Chris, The Swiss

Chris, o suízo

Anja Kofmel (Suíza – Croacia – Alemaña – Finlandia, 2018) 90 min. [SC] VOSE

Pasaron máis de vinte anos desde que Chris, un xornalista suízo e curmán do director, morreu na guerra de Iugoslava en 1992. O feito aínda estraña á directora, Anja, que descubriu que cando atoparon o corpo, Chris levaba o uniforme dun grupo mercenario internacional. Tentando descubrir que pasou co seu curmán e cal foi o seu papel no conflito armado, Anja decide viaxar a Croacia para contar a súa historia.

Premios

2018; Semana da Crítica – Festival de Cannes

2018; Festival de Cine de Locarno

2018; Festival de Cine de Sevilla

“As súas animacións son especialmente adorables” (Jessica Kiang, Variety)

.

  • 26 de marzo de 220

Cachada: The Opportunity

Cachada

Marlén Viñayo (O Salvador, 2019) 82 min. [SC] VO

>Proxección SUSPENDIDA polo estado de alarma diante da pandemia do COVID19!!!

Magaly, Wendy, Magda, Ruth e Chileno gañan a vida como todas as mulleres das súas familias fixeron durante xeracións: vendendo nas rúas e mercados de San Salvador. Porén, decidiron emprender, xunto coa actriz e directora Egly Larreynaga, unha aventura moi inusual: formar unha compañía de teatro e escenificar as súas crueis historias de vida. O que comezou como un experimento converteuse na posibilidade de cambiar as súas vidas, pero serán quende afrontar o seu pasado e superar os seus medos, traumas e segredos?

.

  • 21 de setembro de 2020

HONEYLAND

honeyland

Ljubomir Stefanov e Tamara Kotevska (Macedonia do norte, 2019) 85 min. VOSE

Honeyland, é un retrato sobrecolledor que fala sobre a desaparición dunha forma de vida, e que evidencia o fráxil equilibrio entre humanidade e natureza a través da mirada dunha muller resiliente e extraordinaria.

Nunha rexión remota e montañosa dos Balcáns, Hatidze Muratova vive coa súa nai enferma nunha parroquia sen estradas, nin electricidade nin auga corrente.

Ela dedícase a criar colonias de abellas nunhas cestas feitas a man que deixa escondidas entre as rocas. Grazas a un ritual segredo, o prezado líquido que producen, non se esgota nunca. Sen protección nin axuda, é capaz de amansarlas para poder extraer o mel e vendela á cidade máis próxima.

A chegada dunha familia nómade coa súa furgoneta destartalada, sete fillos inquietos e un rabaño de gando parece estorbar a paz de Hatidze e das súas abellas. Nun primeiro momento, recíbeos cos brazos abertos, ofrecendo o seu afecto, o seu brandy e os seus consellos de apicultura. Pero non pasa moito tempo antes de que Hussein, o patriarca da familia nómade, visualice a oportunidade para poñer en práctica os seus intereses comerciais co mel para poder alimentar aos seus nenos.

.

.

  • 19 de outubro de 2020

.

Tiny Souls

Marwa. Pequena e valente

marwa

Dina Nasser (Xordania-Qatar-Líbano-Francia, 2019) 85 min. [SC] VOSE

A pequena Marwa vive nun campo de refuxiados desde que fuxiu coa súa familia siria. O ollo vixiante de Dina Naser segue a vida cotiá de Marwa, un espírito vivo e aberto que non comprende paredes nin barrotes. O paso da infancia á idade adulta levará a enfrontar novos desafíos para sobrevivir nunha contorna onde, a pesar de todo, a vida continúa.

.

  • 2 de novembro de 2020

Hi, A.I. – Liebesgeschichten aus der Zukunft

Robots. As historias de amor do futuro

robots

Isa Willinger (Alemaña, 2019) 90 min. [SC] VOSE

Coa Intelixencia Artificial debes realizar frases curtas, claras e concisas“. Este é o consello que recibe Chuck mentres recolle o seu novo robot-compañeiro Harmony recentemente saído da fábrica. Alén do mundo, en Tokyo, o adorable robot Pepper interactúa coa avoa Sakurai, un agasallo feito polo seu fillo para que non sentise soa. Con todo, Pepper non tarda en empezar a dar problemas polo seu peculiar carácter. Como será capaz o ser humano de convivir coa intelixencia artificial? Gañará ou perderá? Este documental trata de ilustrar como será o mundo do mañá.

.

  • 21 de decembro de 2020

Overseas

overseas

Sung-A Yoon (Bélxica-Francia, 2019) 90 min. [SC] VOSE

As candidatas que traballan nun centro de adestramento para realizar tarefas domésticas prepáranse, como moitas outras filipinas, para a nostalxia e os malos tratos que adoitan sufrir cando abandonan o seu país.

.

+info, aquí.

docs1

..