Arquivos da categoría Colaboracións do cineclube

Moneyboys

Dentro das actividades que organiza o CIMM do Concello de Ourense para o  día internacional  contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas,  aproveitaremos para  proxectar de xeito extraordinario no salón de actos da Casa da cultura, (Rúa Concello núm.11) ás 20:00 horas, o seguinte filme con entrada de balde:

xoves 22 de setembro de 2022

Moneyboys

C.B. Yi (Taiwán, 2021) 118 min. [+16] VOSE

Fei gáñase a vida na gran cidade traballando na prostitución.

O seu mundo derrúbase cando se dá conta de que a súa familia acepta o seu diñeiro pero non a súa forma de vida nin a súa homosexualidade.

Co corazón roto, Fei loita por comezar unha nova vida.

2021: Festival de Cannes: Un Certain Regard

Posta en escena elegantísima, belos encadres, un espléndido tratamento do espazo e os detalles e un uso formidable do scope que lembra a Nicholas Ray


(Jordi Batlle Caminal, Fotogramas)

Cine de verán no Xardín dos patos de Barbadás

Como queira que as cousas para facer actividades culturais en Ourense non mudaron con respecto ao ano pasado (en relación ao pago de taxas para actividades sen ánimo de lucro) e dada a petición de colaboración do encargado na xestión do Bar dos patos (Rúa do Picoto, A Valenza) para facerse cargo dunha programación de verán, de balde; de seguido poñemos a programación concertada das proxeccións que organiza o Bar dos patos para o verán de 2022.


martes 5 de xullo de 2022 ás 22 h.

A piscina (Swimming pool)
François Ozon (Francia, 2003) 102 min. [+13] VOSE

Sarah Modwell, célebre novelista policial, está deprimida. Por consello do seu editor, abandona Londres e marcha a Francia, para a casa deste último. Nesa paz, baixo o sol, e no medio da beleza deste lugar solitario, séntese ben e comeza a escribir.
Unha noite, esa paz vese esnaquizada pola chegada non programada de Julie, a filla francesa da editorial.


martes 12 de xullo de 2022 ás 22 h.

O triunfo (un triomphe)
Enmanuell Courcol (Francia, 2020) 105 min. [+12] VOSE

Aínda que estea no paro con frecuencia, Etienne, un entrañable actor dirixe un taller de teatro nun centro penal. Alí xunta a un grupo insólito de internos para representar a famosa obra de Samuel Beckett ‘Esperando a Godot’. Cando consegue a autorización para realizar unha xira fóra do cárcere coa súa pintoresca troupe de actores, a Etienne preséntaselle finalmente a ocasión de prosperar.