Arquivos da categoría Colaboracións do cineclube

O baile de agosto

Na Escola oficial de idiomas de Ourense, están a organizar unha proxección  para celebrar o día de San Patricio.

Será na Biblioteca pública ás 20:30 horas.

.

  • 23 de marzo de 2018

 

Dancing at Lughnasa
O baile de agosto
Pat Ou’Connor (Irlanda, 1998) 95 min.

dancing_at_lughnasa-611602278-large

.
Irlanda, anos trinta. Un neno de oito anos, orfo de pai, vive coa súa nai e as súas catro tías solteiras, mulleres con carácteres moi diferentes. De súpeto, chega a casa o irmán maior da súa nai, un misionero demasiado vello para seguir cumprindo coas súas obrigacións, razón pola cal decidiu deixar África e regresar a Irlanda para morrer rodeado da súa familia.
.
Premios
1998: Festival de Venecia: Nomeada ao León de Ouro
.
Baseada nunha obra teatral galardonada con 3 premios Tony.

.

“Intimista, con momentos interesantes e excelentes interpretacións”
(María Casanova, Cinemanía)

Entrelobos

A Plataforma Amigas das Árbores da Limia, organiza un encontro con Marcos Rodriguez Pantoja, o neno lobo, para axudalo na difícil situación que atravesa actualmente.

Marcos comentará o filme, baseado na súa propia vida. Será ás 20 horas na Biblioteca pública.

  • 22 de marzo de 2018

 

Entrelobos
Gerardo Olivares (España, 2010) 116 min.

entrelobos_entre_lobos-253015259-large.

Sendo un neno, a Marcos o seu pai entregouno a un terratenente para saldar unha débeda, e este deixouno en mans dun pastor de cabras que vivía nunha cova. Con el, Marcos aprendeu, a cazar, a buscar comida e a facer lume. Á vez que se ía gañando a confianza dos lobos da zona, Marcos quédase só ao falecer o pastor…
.
“Bo cine de aventuras. (…) Impecablemente facturada, bellamente fotografada e o longo tramo en que o heroe vive só coas bestas, sen diálogo algún, ten o vigor do mellor cine físico”
(Jordi Batlle Caminal, La Vanguardia)