Arquivos da categoría Colaboracións do cineclube

A revolución bailando

Dentro das actividades que organiza o Centro de información municipal ás mulleres (CIMM) arredor do #8M, con entrada de balde, na casa da cultura de Ourense (Rúa Concello, 11):

martes 14 de marzo de 2023 ás 20:30 h

La revolución bailando

Julia Rebato e Eli Martín (España, 2020) 64 min. Cor. RA 1,85:1 [+7] VOE

Especialmente recomenda polo ICAA para a igualdade de xénero

Documental que recolle a historia de Las Chillers, grupo musical líder do underground madrileño e na defensa dos dereitos LGTBIQ+.

Son seis as mulleres que se xuntaron para pasalo ben e pasalo ben e que acabaron liderando unha revolución a través da música, o amor libre e o bo rolo. Decidiron facer a revolución bailando e lanzar unha mensaxe libre e feminista.


O seu compromiso activista e as circunstancias políticas e sociais existentes déronlles o impulso para converterse en artistas.

Folla de sala

Trailer

+ información das actividades de igualdade

VIII Ciclo Colexio de médicos

Iltre. Colexio de médicos de Ourense organiza o 8º ciclo de cine, que vaise a desenvolver entre marzo e decembro de 2023, ás 19:30 horas no salón de actos da Casa da cultura, onde estaba a Biblioteca (Rúa Concello,11 de Ourense), cunha pequena introducción antes de cada filme e o posterior debate, co seguinte programa:

martes, 7 de marzo de 2023

Contagion

Contaxio

Steven Soderbergh (EUA-EAU, 2011) 106 min. Cor. Dolby dixital. RA 1,85:1 [+12] VOSE

De súpeto, sen saber cal é a súa orixe, aínda que todo fai sospeitar que comeza coa viaxe dunha norteamericana a un casino de Hong Kong, un virus mortal comeza a propagarse por todo o mundo. En poucos días, a enfermidade empeza a diezmar á poboación. O contaxio prodúcese por mero contacto entre os seres humanos. Un thriller realista e sen efectos especiais sobre os efectos dunha epidemia. “Está chea de matices, desdeña o sensacionalismo e as trampas para enganchar a un público masivo. A min inquiétame, transmíteme a angustia e o medo que senten os personaxes, empápame esa atmosfera de desolación”  (Carlos Boyero, El País) 

.

martes, 11 de abril de 2023


Solas
Soas


Benito Zambrano (España, 1999) 98 min.  Cor.  Dolby dixital. AR: 1,85:1   [+7] VOE

María (Ana Fernández) malvive nun escuro apartamento dun barrio miserable, traballa eventualmente como moza da limpeza e, case con corenta anos, descobre que está embarazada dun home que non a ama. A súa soidade é tan grande que só atopa consolo na bebida. A súa nai (María Galiana), que consumiu a súa vida á beira dun home violento e intolerante, non ten nin sequera o consolo de tela preto. Con motivo do ingreso do seu marido nun hospital, a nai visita a María no seu apartamento e coñece a un veciño viúvo (Carlos Álvarez) que vive co seu can. A relación que se establece entre estes tres náufragos alivia as súas soidades e deixa unha porta aberta á esperanza. 

Premios
1999: Festival de Berlín: Premio do Público
1999: 5 Goyas: incluíndo mellor dirección novel e guión orixinal. 11 nomeamentos
2000: Premios Ariel: Mellor película iberoamericana

Sobrio, duro e cativador drama sobre a soidade, a pobreza e os soños afogados en alcol. Zambrano, no seu barato e humilde debut, conquista a crítica e público cunha mostra excelente do cinema español de final de século que foi, ademais, o paradigma do éxito “boca a boca”, axudado do respaldo do premio do público do festival de Berlín” (Pablo Kurt, FilmAffinity)

.

martes, 2 de maio de 2023

Hors normes
Especiais


Olivier Nakache e Eric Toledano (Francia-Bélxica, 2019) 108 min. Cor. AR: 2,35:1  [+7] VOSE


Bruno e Malik son dous amigos que durante vinte anos viviron nun mundo diferente: o dos nenos e adolescentes autistas. A cargo de dúas organizacións sen ánimo de lucro, forman a mozos para que sexan coidadores de casos extremos. Desta forma crean unha asociación excepcional, fóra das contornas tradicionais, para unhas persoas extraordinarias.

Premios
2019: Festival de San Sebastián: Premio do público

Olivier Nakache e Eric Toledano narran moi ben en ‘Especiais’ o drama do autismo máis severo e menos pacífico (…) un universo moi duro que Toledano e Nakache abordan con realismo, con sentimento, sen adozalo”  (Carlos Boyero, El País) 

.

martes, 3 de outubro de 2023

Mitt liv som hund (My Life as a Dog)

A miña vida coma un can

Lasse Hallström (Suecia, 1985) 101 min. Cor. Mono. Ar: 1,66:1  [A] VOSE

Narra a odisea dun neno de doce anos a quen o abandono paterno e a enfermidade da súa nai conducen a un pequeno pobo do interior do país. Unha amarga crónica da infancia, baseada en feitos reais, encomiada pola crítica do mundo enteiro. 

Premios
1987: Globos de Ouro: Mellor película de fala non inglesa

Excelente” (Luís Martínez, El País)  

.

martes, 7 de novembro de 2023


Yoidore Tenshi

O anxo borracho

Akira Kurosawa (Xapón, 1948) 102 min. B&N. AR: 1,37:1 [+18] VOSE

Sandada (Takashi Shimura) é un médico cun carácter moi peculiar, que vive atormentado polo que puido ser a súa vida e non foi afogando as súas penas en alcol, aínda que a pesar de todo, exerce o seu labor cunha dedicación case absoluta nun barrio periférico do Tokio de postguerra, onde a mafia impón a súa lei nas rúas. Un bo día, o doutor recibe a altas horas da noite a un home (Toshirô Mifune) enfermo de tuberculose que lle pide que lle cure unha ferida. A partir deste intre iniciarase unha estraña relación entre ambos

.

martes, 12 de decembro de 2023

Michel Petrucciani

Michael Radford (Francia-Alemaña-Italia, 2011) 102 min. Cor-B&N. AR: 1,85:1  [A] VOSE

Documental biográfico sobre o pianista francés Michel Petrucciani (1962-1999). Afectado por unha osteoxénese imperfecta, Petrucciani supera a súa discapacidade física para converterse nun artista de talento e fama internacional. Neste documental que retrata ao músico a través de entrevistas e imaxes de arquivo, Michael Radford busca comprender a natureza da creatividade.

.