Arquivos da categoría Cine e medicina

VIII Ciclo Colexio de médicos

Iltre. Colexio de médicos de Ourense organiza o 8º ciclo de cine, que vaise a desenvolver entre marzo e decembro de 2023, ás 19:30 horas no salón de actos da Casa da cultura, onde estaba a Biblioteca (Rúa Concello,11 de Ourense), cunha pequena introducción antes de cada filme e o posterior debate, co seguinte programa:

martes, 7 de marzo de 2023

Contagion

Contaxio

Steven Soderbergh (EUA-EAU, 2011) 106 min. Cor. Dolby dixital. RA 1,85:1 [+12] VOSE

De súpeto, sen saber cal é a súa orixe, aínda que todo fai sospeitar que comeza coa viaxe dunha norteamericana a un casino de Hong Kong, un virus mortal comeza a propagarse por todo o mundo. En poucos días, a enfermidade empeza a diezmar á poboación. O contaxio prodúcese por mero contacto entre os seres humanos. Un thriller realista e sen efectos especiais sobre os efectos dunha epidemia. “Está chea de matices, desdeña o sensacionalismo e as trampas para enganchar a un público masivo. A min inquiétame, transmíteme a angustia e o medo que senten os personaxes, empápame esa atmosfera de desolación”  (Carlos Boyero, El País) 

.

martes, 11 de abril de 2023


Solas
Soas


Benito Zambrano (España, 1999) 98 min.  Cor.  Dolby dixital. AR: 1,85:1   [+7] VOE

María (Ana Fernández) malvive nun escuro apartamento dun barrio miserable, traballa eventualmente como moza da limpeza e, case con corenta anos, descobre que está embarazada dun home que non a ama. A súa soidade é tan grande que só atopa consolo na bebida. A súa nai (María Galiana), que consumiu a súa vida á beira dun home violento e intolerante, non ten nin sequera o consolo de tela preto. Con motivo do ingreso do seu marido nun hospital, a nai visita a María no seu apartamento e coñece a un veciño viúvo (Carlos Álvarez) que vive co seu can. A relación que se establece entre estes tres náufragos alivia as súas soidades e deixa unha porta aberta á esperanza. 

Premios
1999: Festival de Berlín: Premio do Público
1999: 5 Goyas: incluíndo mellor dirección novel e guión orixinal. 11 nomeamentos
2000: Premios Ariel: Mellor película iberoamericana

Sobrio, duro e cativador drama sobre a soidade, a pobreza e os soños afogados en alcol. Zambrano, no seu barato e humilde debut, conquista a crítica e público cunha mostra excelente do cinema español de final de século que foi, ademais, o paradigma do éxito “boca a boca”, axudado do respaldo do premio do público do festival de Berlín” (Pablo Kurt, FilmAffinity)

.

martes, 2 de maio de 2023

Hors normes
Especiais


Olivier Nakache e Eric Toledano (Francia-Bélxica, 2019) 108 min. Cor. AR: 2,35:1  [+7] VOSE


Bruno e Malik son dous amigos que durante vinte anos viviron nun mundo diferente: o dos nenos e adolescentes autistas. A cargo de dúas organizacións sen ánimo de lucro, forman a mozos para que sexan coidadores de casos extremos. Desta forma crean unha asociación excepcional, fóra das contornas tradicionais, para unhas persoas extraordinarias.

Premios
2019: Festival de San Sebastián: Premio do público

Olivier Nakache e Eric Toledano narran moi ben en ‘Especiais’ o drama do autismo máis severo e menos pacífico (…) un universo moi duro que Toledano e Nakache abordan con realismo, con sentimento, sen adozalo”  (Carlos Boyero, El País) 

.

martes, 3 de outubro de 2023

Mitt liv som hund (My Life as a Dog)

A miña vida coma un can

Lasse Hallström (Suecia, 1985) 101 min. Cor. Mono. Ar: 1,66:1  [A] VOSE

Narra a odisea dun neno de doce anos a quen o abandono paterno e a enfermidade da súa nai conducen a un pequeno pobo do interior do país. Unha amarga crónica da infancia, baseada en feitos reais, encomiada pola crítica do mundo enteiro. 

Premios
1987: Globos de Ouro: Mellor película de fala non inglesa

Excelente” (Luís Martínez, El País)  

.

martes, 7 de novembro de 2023


Yoidore Tenshi

O anxo borracho

Akira Kurosawa (Xapón, 1948) 102 min. B&N. AR: 1,37:1 [+18] VOSE

Sandada (Takashi Shimura) é un médico cun carácter moi peculiar, que vive atormentado polo que puido ser a súa vida e non foi afogando as súas penas en alcol, aínda que a pesar de todo, exerce o seu labor cunha dedicación case absoluta nun barrio periférico do Tokio de postguerra, onde a mafia impón a súa lei nas rúas. Un bo día, o doutor recibe a altas horas da noite a un home (Toshirô Mifune) enfermo de tuberculose que lle pide que lle cure unha ferida. A partir deste intre iniciarase unha estraña relación entre ambos

.

martes, 12 de decembro de 2023

Michel Petrucciani

Michael Radford (Francia-Alemaña-Italia, 2011) 102 min. Cor-B&N. AR: 1,85:1  [A] VOSE

Documental biográfico sobre o pianista francés Michel Petrucciani (1962-1999). Afectado por unha osteoxénese imperfecta, Petrucciani supera a súa discapacidade física para converterse nun artista de talento e fama internacional. Neste documental que retrata ao músico a través de entrevistas e imaxes de arquivo, Michael Radford busca comprender a natureza da creatividade.

.

VII Ciclo do colexio de médicos

O Iltre. Colexio de médicos de Ourense organiza o 7º ciclo de cine, que vaise a desenvolver entre marzo e novembro de 2022, ás 19:30 horas no salón de actos da Casa da cultura, onde estaba a Biblioteca (Rúa Concello,11 de Ourense), cunha pequena introducción antes de cada filme e o posterior debate, co seguinte programa:

29 marzo de 2022

The Lost Weekend
Días sen pegadas


Billy Wilder (EUA,1945) 101 min.  B&N. RA 1.37:1 [ND] VOSE

Don Birnam (Ray Milland) é un escritor fracasado pola súa adicción ao alcol, unha adicción que o destruíu física e moralmente e converteuno nun home carente de vontade. Mentres siga bebendo, é quen de calquera cousa, incluso de roubar. Tanto a súa noiva (Jane Wyman) como o seu irmán fan todo o posible para rexeneralo, pero os seus esforzos parecen inútiles.

Premios
1945 : 4 Oscars: Mellor película, director, actor (Milland), guión adaptado 7 nominacións
1945 : Globos de Ouro: Mellor película, director e actor (Ray Milland)
1946 : Festival de Cannes: Gran Premio do Festival (Ex-aequo). Mellor actor (Milland)

“Unha película devastadoramente realista e mórbidamente fascinante (…) Unha ilustración da miseria borracha que é un dos mellores e máis perturbadores estudos de personaxes que se viron na pantalla grande”
(Bosley Crowther, The New York Times)

26 abril de 2022

Morphy
Morfina


Aleksei Balabanov (Rusia, 2008) 110 min.

Adaptación do relato homónimo de Mijaíl Bulgákov, a partir da experiencia real do autor ruso, cando sendo médico rural se volveu adicto á droga tras receitarlle unha pequena dose. 

Balabanov reconstrúe a época na que Bulgakov cae nos brazos da morfina, os anos da revolución rusa, e mostra a práctica da medicina nese período histórico.

“A historia está contada cun realismo crú que narra o día a día…así como a fraxilidade do corpo humano”
(Abraham Esparza, siglonuevo.mx)

24 maio de 2022

A silent voice


Naoko Yamada (Xapón, 2016) 130 min.

Shôko Nishimiya, unha alumna de primaria que é xorda  cambia de escola e comeza a sentir o acoso dos seus novos compañeiros. Un dos principais culpables é Ishida Shôya que acaba obrigando a Nishimiya a cambiar novamente de escola. Anos despois, Ishida busca a redención das súas fechorías. 

“Tan doloroso como emocionante. É capaz de falar de temas moi complexos sen renunciar á polémica que poidan provocar (…) E o máis importante, abre novos camiños para o anime, afastándose das convencións e afrontando novos retos sen que por elo non sexa apto para todo tipo de públicos”
(Beatriz Martínez, El País)

14  xuño de 2022

American Splendor


Robert Pulcini e  Shari Springer Berman (EUA, 2003) 100 min.

Harvey traballa nun hospital de Cleveland. O seu único escape da rutina diaria é discutir todo o que é divino e humano cos seus compañeiros de traballo. Coñece accidentalmente a Robert Crumb, un deseñador de postais amante da música que, anos máis tarde, faise famoso grazas aos seus cómics underground. A idea de que os cómics son unha forma de arte para adultos leva a Harvey a facer unha tira cómica, “American Splendor”, que é un retrato irónico do estilo de vida estadounidense da clase traballadora. Publicado por primeira vez en 1976, o cómic “American Splendor” converteu a Harvey nun autor de culto durante a década de 1980. 

Premios
2003 : Sundance: Mellor película
2003 : Cannes: Premio FIPRESCI (Premio da Crítica Internacional)

“Un antibiópico magníficamente concibido”
(Desson Thomson, The Washington Post)

25 outubro de 2022

Mask
Máscara


Peter Bogdanovich (EUA, 1985) 120 min.

Rocky é un neno que padece unha grave enfermidade que lle provocou unha terrible deformación no seu cranio, que lle dá un aspecto monstruoso. A pesar diso, é moi intelixente e cariñoso. A súa nai sobreprotectora (Cher) é unha muller cun estilo de vida moi pouco convencional, pero está decidida a garantir que o seu fillo teña as mesmas oportunidades que calquera outra persoa.

Premios
1985 : Oscars: Mellor Maquillaxe
1985 : Festival de Cannes: Mellor actriz (Cher). 

“Unha película marabillosa, unha historia emocionante de coraxe e esperanza” 
(Roger Ebert, Chicago Sun-Times)

29 novembro de 2022

Hedwig and The Angry Inch


John Cameron Mitchell (EUA, 2001) 94 min.

Hedwig foi sometida a unha operación de cambio de sexo que lle permitiu casar cun soldado estadounidense e alcanzar a liberdade ao outro lado do muro de Berlín. Con todo, a operación saíu mal e Hedwig quedou con esa “polgada enfadada” que lle dá nome á película. Nun parque de caravanas en Kansas, Hedwig decidiu formar un grupo de rock. Foi así como coñeceu a Tommy Gnosis, un mozo que foi o seu amante e protexido antes de abandonala, roubarlle as cancións e triunfar como estrela do rock. Acompañada polo seu grupo pan-eslavo, The Angry Inch, seguiu a Tommy de xira, tocando en locais medio baleiros. A través dun collage de cancións, flashbacks e imaxes animadas, Hedwig conta a historia da súa vida e trata de aproveitar a prensa amarela que se interesa por ela por ser amante do famoso cantante de rock Tommy Gnosis. 

Premios
2001 : Sundance: Premio do Público e Mellor Director
2001 : Festival de Cine de Xixón: Mellor actor (John Cameron Mitchell)

“A historia da viaxe emocional e a carreira decadente dun resentido rockero trans de Alemaña Oriental é tremendamente enxeñosa, ademais de creativa, valiente e emocionante ” 
(Claudia Puig, USA Today)