Todalas entradas de salademaquinas

Sala de máquinas do cine clube Padre Feijo de Ourense (Galicia)

II edición do DocDoMes

Por segundo ano consecutivo, a oficina  cultural da Vicerreitoría do campus de Ourense da Universidade de Vigo, programa coa colaboración do Cineclube Padre Feijoo, unha programación de documentais do festival de documentais de Barcelona, os xoves, ás 19:30 horas (de balde) coas seguintes datas:

.

  • 30 de xaneiro de 2020

.

«Svideteli Putina» As testemuñas de Putin

· (Letonia-Suíza-República Checa, 2018) 102 min. [ND] VOSE

Imos ao último día de 1999, cando o ex líder do Servizo Federal de Seguridade (FSB), o primeiro ministro Vladimir Putin, subiu á presidencia de Rusia. Vitaly Mansky desenvolve a súa película con testemuños do acontecido nos anos posteriores a ese día de decembro.

Premios
2019: European Film Awards: nomeado a Mellor documental
2018: Karlovy Vary: Mellor documental

Ten todo para ser un dos documentais máis incendiarios destes anos … é unha aparencia íntima como poucos para a xestión política dese país
(Diego Lerer, MICROPSIACINE.COM)

.
  • 27 de febreiro de 2020

 

Chris, The Swiss

Chris, o suízo

Anja Kofmel (Suíza – Croacia – Alemaña – Finlandia, 2018) 90 min. [SC] VOSE

Pasaron máis de vinte anos desde que Chris, un xornalista suízo e curmán do director, morreu na guerra de Iugoslava en 1992. O feito aínda estraña á directora, Anja, que descubriu que cando atoparon o corpo, Chris levaba o uniforme dun grupo mercenario internacional. Tentando descubrir que pasou co seu curmán e cal foi o seu papel no conflito armado, Anja decide viaxar a Croacia para contar a súa historia.

Premios

2018; Semana da Crítica – Festival de Cannes

2018; Festival de Cine de Locarno

2018; Festival de Cine de Sevilla

“As súas animacións son especialmente adorables” (Jessica Kiang, Variety)

 

.

  • 26 de marzo de 220

 

Cachada: The Opportunity

Cachada

Marlén Viñayo (O Salvador, 2019) 82 min. [SC] VO

Magaly, Wendy, Magda, Ruth e Chileno gañan a vida como todas as mulleres das súas familias fixeron durante xeracións: vendendo nas rúas e mercados de San Salvador. Porén, decidiron emprender, xunto coa actriz e directora Egly Larreynaga, unha aventura moi inusual: formar unha compañía de teatro e escenificar as súas crueis historias de vida. O que comezou como un experimento converteuse na posibilidade de cambiar as súas vidas, pero serán quende afrontar o seu pasado e superar os seus medos, traumas e segredos?

 

.

  • 30 de abril de 2020

.

 

  • 28 de maio de 2020

.

 

  • 11 de xuño de 2020

.

 

 

VI ciclo Colexio de médicos de Ourense

O Iltre. Colexio de médicos de Ourense organiza o 6º ciclo de cine, que vaise a desenvolver entre xaneiro e xuño de 2020, ás 19:30 horas no salón de actos da Casa da cultura, onde estaba a Biblioteca (Rúa Concello,11 de Ourense), cunha pequena introducción antes de cada filme e o posterior debate, co seguinte programa:

 

  • 21 de xaneiro de 2020

 

«Narayama Bushi-ko» A balada de Naraiama

· (Xapón, 1983) 130 min. [ND] VOSE
.

Era unha vella lei do pobo, dunha época tan afastada que ninguén o recordaba; Canda chegaran aos 70 anos, os anciáns abandonan a aldea para vivir na parte superior da montaña de Naraiama. Unha condena de morte desapiadada que mergullou a tristeza e a desesperación nas familias cando tiñan que enviar aos seus maiores ao monte. Orin ten 69 anos e é hora de marchar ao monte, pero aínda ten que atopar unha muller para o seu fillo. Remake da película “Narayama bushiko”, dirixida en 1958 por Keisuke Kinoshita.

Premios
1983: Cannes: Palma de ouro

Este duro e fermoso filme de Shôhei Imamura é un punto crucial na súa carreira na que se afasta da violencia e a confrontación das súas primeiras películas e achégase un pouco máis á aceptación do destino dos homes característicos do cine de Ozu. O groso humor de Imamura en torno ao sexual aínda está presente aquí, pero agora leva un ton sombrío: facer que o amor flirte coa morte.
(Dave Kehr, CONLOSOJOSABIERTOS.COM)

 

.

  • 11 de febreiro de 2020

 

«Ikiru» Vivir

· (Xapón, 1952) 143 min. [ND] VOSE
.
Kanji Watanabe é un antigo funcionario público municipal que arrastra unha vida monótona e gris, sen facer prácticamente nada. Non obstante, non é consciente do baleiro da súa existencia ata que un día lle diagnostican un cancro incurable. Coa certeza de que se achega o final dos seus días, xorde nel a necesidade de atopar sentido na vida.

Premios
1959: Premios BAFTA: nomeado como mellor actor estranxeiro (Takashi Shimura)
1954: Festival de Berlín: Sección oficial

Reflexión profunda sobre a vida e a morte (…) Excelente traballo do seu principal intérprete para un dos grandes clásicos do cine xaponés de todos os tempos
(Fernando Morales, EL PAÍS)

.
  • 10 de marzo de 2020
Pozoamargo
.
  • 21 de abril de 2020
Stille hjerte (Corazón silencioso)
.
  • 19 de maio de 2020
Min lilla syster (A miña perfecta irme)
.
  • 9 de cuño de 2020
Cafarnaúm
.