A petición da Fundación Terra e Tempo, prográmase o mércores e xoves; 26 e 27 de agosto, na casa da cultura na rúa Concello núm. 11 (onde estaba a biblioteca pública), ás 18 e 21 horas (venda de entradas anticipadas no Café cultural Auriense) , o filme:
.
Reboiras. Acción e corazón
Alberte Mera (España. 2020) 61 min. [ND] VOG
.
Reboiras. Acción e corazón leva á pantalla un retrato fiel, construíndo a vida de Moncho Reboiras desde a vertente humana e política. A súa vida e o seu pensamento son recreados a través de entrevistas a 28 testemuñas que con el partillaron diversas etapas da vida. Ademais, a obra revive a través de secuencias de ficción as últimas horas de Xosé Ramón Reboiras Noia e inclúe filmacións históricas.
+ info: reboiras.gal
Pregamos pontualidade e respecto ao resto do público, mantento a máscara como signo de responsabilidade social.