O Iltre. Colexio de médicos de Ourense organiza o 6º ciclo de cine, que vaise a desenvolver entre xaneiro e xuño de 2020, ás 19:30 horas no salón de actos da Casa da cultura, onde estaba a Biblioteca (Rúa Concello,11 de Ourense), cunha pequena introducción antes de cada filme e o posterior debate, co seguinte programa:
- 21 de xaneiro de 2020
«Narayama Bushi-ko» A balada de Naraiama
Era unha vella lei do pobo, dunha época tan afastada que ninguén o recordaba; Canda chegaran aos 70 anos, os anciáns abandonan a aldea para vivir na parte superior da montaña de Naraiama. Unha condena de morte desapiadada que mergullou a tristeza e a desesperación nas familias cando tiñan que enviar aos seus maiores ao monte. Orin ten 69 anos e é hora de marchar ao monte, pero aínda ten que atopar unha muller para o seu fillo. Remake da película “Narayama bushiko”, dirixida en 1958 por Keisuke Kinoshita.
Premios
1983: Cannes: Palma de ouro
“Este duro e fermoso filme de Shôhei Imamura é un punto crucial na súa carreira na que se afasta da violencia e a confrontación das súas primeiras películas e achégase un pouco máis á aceptación do destino dos homes característicos do cine de Ozu. O groso humor de Imamura en torno ao sexual aínda está presente aquí, pero agora leva un ton sombrío: facer que o amor flirte coa morte.”
(Dave Kehr, CONLOSOJOSABIERTOS.COM)
.
- 11 de febreiro de 2020
«Ikiru» Vivir
Premios
1959: Premios BAFTA: nomeado como mellor actor estranxeiro (Takashi Shimura)
1954: Festival de Berlín: Sección oficial
“Reflexión profunda sobre a vida e a morte (…) Excelente traballo do seu principal intérprete para un dos grandes clásicos do cine xaponés de todos os tempos”
(Fernando Morales, EL PAÍS)
- 10 de marzo de 2020
- 21 de abril de 2020
- 19 de maio de 2020
- 9 de cuño de 2020