V Ciclo de cine do Colexio de médicos de Ourense

Coa colaboración da Biblioteca pública e do cineclube, o Iltre. Colexio de médicos de Ourense organiza o 5º ciclo de cine, que vaise a desenvolver entre febreiro e xuño de 2019, ás 19:30 horas no salón de actos da Biblioteca pública (Rúa Concello,11), cunha pequena introducción antes de cada filme e o posterior debate, co seguinte programa:

Neste ocasión, todas as sesións son de balde. (VOS)

CICLO CINE COLEXIO DE MEDICOS DE OURENSE (5)

.

.

 

  • Martes, 12 de febreiro de 2019

JUNO
Jason Reitman (EUA, 2007) 92 min. #VOSE

Juno-Jason-Reirman-Ourense

Juno Macguff (Ellen Page) ten 16 anos e é, segundo os adultos, máis intelixente do que lle convén. É enxeñosa, culta, observadora e, sobre todo, sarcástica. Ese sarcasmo non é máis que unha coraza para ocultar os seus medos e dúbidas. A raíz da relación cun compañeiro de clase (Michael Cera) quédase embarazada. E, como el se desentende do problema, Juno toma unha decisión que conta coa aprobación da súa familia: terá o neno e darao en adopción. Despois haberá que atopar uns pais adoptivos adecuados. Mark (Jason Bateman) e Vanessa (Jennifer Garner) parecen os pais ideais. Pero resulta que Mark e Juno comparten demasiadas afeccións e parecen entenderse moi ben desde o principio.

Premios
2007: Oscar: Mellor guión orixinal. 4 nominacións
2007: 3 nominacións ao Globo de Ouro, incluíndo mellor película comedia ou musical
2007: Premios BAFTA: Mellor guión orixinal. Nomeada a mellor actriz (Ellen Page)

“Comedia agridoce, brillante e inesperada con desenvolvemento cristalino e nada tramposo. Non hai en ‘Juno’ unha proposta transgresora, pero si toda unha lección de autenticidade no discurso.”

(Jordi Costa, El País)

.

 

  • Martes, 26 de febreiro de 2019

 

A Dangerous Method
Un método perigoso
David Cronenberg (Reino Unido, 2011) 93 min. #VOSE

un-metodo-perigoso-ourense

Unha poderosa historia de descubrimento sexual e intelectual baseada en acontecementos reais a partir da turbulenta relación entre o novo psiquiatra Carl Jung (Michael Fassbender), o seu mentor Sigmund Freud (Viggo Mortensen) e Sabina Spielrein (Keira Knightley). A este trío engádese Otto Gross (Vincent Cassel), un paciente libertino decidido a traspasar todos os límites.

Premios
2011: Globos de Ouro: Nomeada a Mellor actor secundario (Viggo Mortensen)
2011: Festival de Venecia: Sección oficial
2011: Festival de Toronto: Sección oficial

“Sacudíndose calquera remanente poeira das obras de época, a película aborda espiñentos asuntos psico-sexuais e problemas de ética profesional cunha franqueza que resulta completamente contemporánea”
(Todd McCarthy, The Hollywood Reporter)

.

 

  • Martes, 9 de abril de 2019

 

Side Effects
EFECTOS SECUNDARIOS
Steven Soderbergh (EUA, 2013) 105 min. #VOSE

Side-Effects-Efectos-secundarios-Ourense

Ambientada no mundo da psicofarmacoloxía, ciencia que estuda como afectan as drogas á mente humana. Emily (Rooney Mara) é unha moza que se volve adicta a un novo medicamento que lle receita o seu psiquiatra (Jude Law) para que poida controlar a súa ansiedade ante a inminente saída do cárcere do seu marido (Channing Tatum).

Premios
2013: Festival de Berlín: Sección oficial

“A atmosfera cargada (…) xunto ao mosqueo entre a verdade e o tampantollo que recubre a historia deixan a «Efectos secundarios» nese estante das películas que che obrigan primeiro a rascarche a cabeza e logo a rascarche o peto para, gustosamente, volvela a ver”
(Oti Rodríguez Marchante, ABC)

.

  • Martes, 30 de abril de 2019

 

The Elephant Man
O HOME ELEFANTE
David Lynch (EUA, 1980) 125 min. #VOSE

o-home-elefante-ourense

A finais do século XIX, o doutor Frederick Treves descobre nun circo a un home chamado John Merrick. Trátase dun cidadán británico coa cabeza monstruosamente deformada, que vive nunha situación de constante humillación e sufrimento ao ser exhibido diariamente como unha atracción de feira.

Premios
1981: Premios César: Mellor película estranxeira
1980: 8 nominacións ao Oscar, incluíndo película e director
1980: Globos de Ouro: 4 nominacións, incluíndo mellor película – Drama
1980: Premios BAFTA: Mellor película, actor (Hurt) e deseño de produción. 7 nominacións

“Un estudo da xentileza que dalgún xeito suprime a rabia. Esa é a calidade que ilumina ao filme e faio moito máis fascinante que si fose un retrato que dignifica a un monstro.”
(Vincent Canby,The New York Times)

.

 

Martes, 28 de maio de 2019

 

A fille de Brest
A DOUTORA DE BREST
Emmanuelle Bercot (Francia, 2016) 128 min. #VOSE

la-doctora-de-Brest-ourense

Narra a historia real da doutora Irène Frachon (Sidse Babett Knudsen), a muller que en 2010 atreveuse a plantarlle cara á industria sanitaria e farmacéutica francesa, cando se destapou o escándalo mediático en torno á comercialización dun controvertido medicamento cuxos efectos secundarios provocaron a morte de centos de persoas.

Premios
2016: Premios César: Nomeada Mellor actriz (Sidse Babett Knudsen) e guión adaptado
2016: Festival de San Sebastián: Sección oficial a competición

“Si (…) resulta por momentos tan absorbente é nin máis nin menos que por ese limitado pudor á hora de manexar case calquera recurso dramático ou audiovisual (…) Emociónache queiras ou non, (…); che espabila (e che conciencia).”
(Antonio Trashorras, Fotogramas)

..

  • Martes,  4 de xuño de 2019

 

Days of Wine and Roses
DÍAS DE VIÑO E ROSAS
Blake Edwards (EUA, 1962) 117 min. #VOSE

dias-de-viño-e-rosas-ourense

Joe Clay, xefe de relacións públicas dunha empresa de San Francisco, coñece durante unha festa á bela Kirsten Arnesen. A rapariga móstrase cautelosa ao principio, debido á afección de Joe á bebida, pero despois sucumbe ante a súa simpatía e cásase con el.

Premios
1962: Oscar: Mellor canción. 5 nominacións
1962: 4 nominacións Globos de Ouro: Película drama, director, actor, actriz
1963: Premios BAFTA: 3 nominacións incluíndo a actor estranxeiro (Lemmon)
1963: Festival de San Sebastián: Mellor actor (Lemmon) e actriz (Remick)

“Do frenesí ao inferno. Sen volta. Edwards arrinca a Lemmon e Remick dúas interpretacións ebrias de puro xenio. Ademais, a música de Mancini”
(Luís Martínez, El País)

..

Información sobre o ciclo,(en Pdf) na páxina do colexio. / Outros filmes sobre mediciña, aqui.

.

.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s