Cine en OciOurense (2015)

Organizamos para a Concellería de sanidade do Concello de Ourense, un programa para o periodo que vai de marzo a maio,  de cine, englobado nas actividades alternativas para a mocidade “OciOurense“.

Será  na Biblioteca pública de Ourense, cada dous sábados de mes, en sesión gratuíta e nun único pase ás 18 horas.

A programación na que colabora o cineclube, sigue a continuación.

  • 14 marzo 2015

Dejad de quererme

DEIXADE DE QUERERME

(2008, 85 min., Francia)

Director: Jean Becker

2008: Premios César: 3 Nominacións

Antoine, 42 anos, publicista, é un home de éxito. Está casado con Cécile, é pai de dous fillos, vive nunha bonita casa non lonxe de París e ten moi boas relacións cos veciños. Un bo día explota na oficina, empeza a destruír sistematicamente todo o que construíu durante anos, e formúlase de novo a súa vida.

  • 28 marzo 2015

Brutti_sporchi_e_cattivi

BRUTOS FEOS E MALOS

(1976, 115 min., Italia)

Director: Ettore Scola

1976: Premio Festival de Cannes: Mellor director

Giacinto e catro xeracións máis da súa familia conviven nunha mesma choupana, aos arredores de Roma. O egoísmo de todos os membros da familia define as relacións entre eles, que se encontran inmersos nunha serie de disputas polo diñeiro que custodia coidadosamente o forrón e miserable Giacinto.

  • 11-abril 2015

ata-sova-do

COME, DURME E MORRE

(2012, Suecia)

Director: Gabriela Pichler

2012: 4 Premios Guldbagge: Mellor película, directora, guión e actriz
Festival de Sevilla: Mellor película e actriz (Lukac)
2013: Premios de Cine Europa: Nominada ao Premio Discovery

Rasa é unha moza corpulenta, deslinguada, alegre con grande enerxía que vive e traballa en Suecia. As dificultades e os recortes provocados pola crise económica fixeron que perda o seu traballo nunha fábrica. Pero ela trata de facer fronte ás adversidades, non se asusta. Con resistencia e decisión esmaga os obstáculos antes de que a esmaguen a ela.

  • 25 abril 2015

Món-Petit

MUNDO PEQUENO 

(2012, 83 min., España)

Director: Marcel Barrena

2013: Premios Goya: Nominada a Mellor documental
Premio Gaudí: Mellor documental
Premio Joven: Festival Internacional de Zagreb (Croacia)
Premio Mellor documental en el BIFF de Colorado (Os Angeles, EEUU)
Premio do Público no Dokfilm de Noruega
Mención Especial do Xurado do Fic-Cat
Premio Solidarios ONCE
20 seleccións de Festivais Internacionais

Albert e Anna non teñen diñeiro; ademais el está prostrado nunha cadeira de rodas. A pesar de todo, propuxéronse viaxar dende Barcelona ata Nova Zelandia

  • 9 maio 2015

Crazy

CRAZY

(2005, 127 min., Canadá)

Director: Jean-Marc Vallée

2005; Festival de Toronto: Mellor película canadiense
Festival de Gijon: Mellor director, guión e dirección artística
Premios Genie: Mellor película canadiense

Zach é o cuarto de cinco irmáns dunha familia tranquila cunha nai afectuosa e un pai orgulloso dos seus rapaces. Na adolescencia descobre que é diferente aos demais e renegará diso para non perder o amor do seu pai. Vive rodeado dos seus irmáns, de Pink Floyd e os Rolling Stones, os porros fumados ás agachadas, as grandes e pequenas discusións. Pero, sobre todo, o que Zac busca é poder manter a relación co seu pai.

  • 23 maio 2015

goodfellas

UN DOS NOSOS 

(1990, 146 min., EEUU)

Director: Martin Scorsese

1990 Oscar: Mellor actor secundario (Joe Pesci). 6 nominacións
Globos de Oro: 5 nominacións
5 Premios BAFTA, incluíndo Mellor película e director:7 nominacións
National Board of Review: Mellor Actor Sec. (Joe Pesci), 10 Mellores películas
Festival de Venecia: León de Plata (Mellor director)
E moitos mais

Película baseada na vida real de Henry Hill e que narra a incursión na mafia dun mozo criado en Brooklyn. Henry, un neno de trece anos de Brooklyn, vive fascinado co mundo dos gángsters. O seu sono faise realidade cando entra a formar parte da familia Pauline, dona absoluta da zona, que o educan como un membro máis da banda converténdoo nun destacado mafioso.

—————————————————–

Prégase puntualidade e apagar o móbil na sala

AQUI, +Info. OciOurense  / Folleto (PDF)

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s