O ilustre colexio de médicos de Ourense, organizará dúas semanas de cine; os martes e xoves, nunha única sesión (19:30 h.), na Biblioteca pública de Ourense. O programa coa colaboración do cineclube, sigue a continuación:
- martes, 16 de xuño de 2015
A FAMILIA SAVAGES “The savages”
(2007,EE.UU) 113 min.
Tamara Jenkins
Dous irmáns, Wendy (Laura Linney) e Jon (Philip Seymour Hoffman), que non se viron durante anos, vense obrigados a convivir de novo para coidar do seu pai doente, co que non se falaban desde facía vinte anos.
Premios 2007: 2 nominaciones ao Oscar: actriz (Laura Linney), guión orixinal 2007: Nominación ao Globo de Ouro: Mellor actor de comedia ou musical (Hoffman) 2007: Asociación de Críticos dos Angeles: Mellor guión
- xoves, 18 de xuño de 2015
GRAZAS POR FUMAR “Thank You For Smoking”
(2005, EE.UU) 93 min.
Jason Reitman
Nick Naylor, xefe de prensa dunha gran compañía de tabaco, dedica a súa vida a defender os dereitos dos fumadores contra a cultura neopuritana dominante. Enfrontado a grupos de defensa da saúde e a un oportunista senador, Nick pasa á ofensiva como relacións públicas do consumo de cigarros, pero ao mesmo tempo comeza a pensar na imaxe que está dando ao seu fillo pequeno Joey.
Premios 2006: National Board of Review (NBR): Mellor dirección novel
- martes, 23 de xuño de 2015
DALLAS BUYERS CLUB
(2013, EE.UU) 117 min.
Jean Marc Vallèe
Baseada na vida real de Ron Woodroof, un cowboy de rodeo texano, drogadicto e mullereiro, ao que en 1986 diagnostícanlle SIDA e prognostícanlle un mes de vida. Empezou entón a tomar AZT, o único medicamento dispoñible naquela época para loitar contra tan terrible enfermidade.
Premios 2013: 3 Premios Oscar: Mellor actor (McConaughey), actor sec. (Leto) e maquillaxe 2013: 2 Globos de Ouro: Mellor actor (McConaughey) e actor secundario (Leto) 2013: Critics Choice: Mellor actor e actor secundario. Nomeada a mellor filme 2013: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor actor secundario (Leto) 2013: Premios Gotham: Mellor actor (Matthew McConaughey)
- xoves, 25 de xuño de 2015
IN LOVE WE TRUST “Zou You”
(2007, China) 115 min.
Wang Xiaoshuai
Unha parella divorciada decátase de que a única forma de salvar a Hehe, a filla de ambos, que sofre unha enfermidade do sangue, é ter outro fillo. Os dous volvéronse a casar, e vense obrigados a poñer a proba o seu amor e a súa entrega facendo perigar a relación cos seus actuais cónyuges. Unha historia de paternidade e maternidade, vida en parella, traizón, confianza e amor, que fala dos cambios na sociedade actual e na vida familiar, e dos dilemas éticos e morais que aporta esta nova sociedade.
——————————-
Información do ciclo, na páxina do colexio de médicos
Prégase puntualidade e apagar o teléfono móbil na sala. Ao final da proxección está previsto unha discusión sobre o filme.
No cartaz mudan o orde dos filmes…
Corrixido. Grazas
Hola! tenéis invertido el orden de las dos primeras películas, el 16 es La familia Savages, y el 18 Gracias por Fumar
Xa está corrixido. Grazas
http://scontent-mad1-1.xx.fbcdn.net/hphotos-xap1/v/t1.0-9/11070813_371017646421705_5426911798563423773_n.jpg?oh=29bc7cee8e6d9b051cce48edb5cfbc53&oe=55F6F049